Site icon Crónica3.com A Mariña

O coro do IES de Foz formado po 50 escolares participará no Certame de Habaneras de Torrevieja

Nota de prensa:

Este curso constituíuse o coro do IES de Foz. Está formado por 50 alumnos/as de todas as idades, dende a ESO ata Bacharelato. Os ensaios teñen lugar todos os xoves ás 16:00. O profesor de Música, Fernando Allen Fraga, é o encargado de coordinar a actividade  coa axuda de Juan Santaeufemia e Begoña Suárez.

Nestes días están preparando unha audición para presentar ao “18 Certame Xuvenil  de  Habaneras  de Torrevieja”. O fallo do concurso coñecerase o 10 de xaneiro.

Este tipo de actividades serven para motivar o alumnado e difundir os diferentes estilos musicais entre os máis novos. O simple feito de ser admitidos será todo un premio para eles.

Exit mobile version