Site icon Crónica3.com A Mariña

O FC Barcelona derrotou (4-3) ao Burela FS Pescados Rubén nun encontro no que xogou a inocencia

Nota de prensa

A inocencia laranxa permite a remontada do FC Barcelona

Imaxe de arquivo dun encontro do Burela FS

O FC Barcelona derrotou (4-3) ao Burela FS Pescados Rubén no último suspiro dun encontro que os cataláns remontaron pola inocencia laranxa.
O primeiro período caracterizouse por unha constante igualdade entre dous equipos que apostaron pola presión alta e rápidas transicións. O Barça golpeou primeiro nos compases iniciais pero a reacción laranxa chegou por mediación de Cleber. O Burela comezou a funcionar mellor co empate e acompañou o seu xogo con máis efectividade que os blaugranas. Turero rubricou unha preciosa acción colectiva para marcar o 1-2 e Ique aumentou a renda co 1-3. Con este resultado chegouse ao descanso. Na segunda parte, os mariñáns perdoaron a un rival que alimentou a súa esperanza tras marcar o 2-3. A cinco para o final comezou o infortunio laranxa, Cleber tivo que abandonar a pista cunha conmoción cerebral tras un forte golpe sobre o parqué. O Barça xogou con cinco pero apenas inquietou ao cadro burelense ata o último minuto de xogo que foi trepidante. Primeiro Font aproveitou un rexeite para situar o empate. Acto seguido, o Burela con xogo de cinco tivo nas botas de Víctor Cachón recuperar a vitoria pero esta decantouse, sobre a bucina, do bando blaugrana por mediación de Eric.

Cleber. O xogador burelao recupérase favorablemente nun hospital barcelonés onde permanecerá en observación.

Barcelona B: Gracia, Tolrá, Erik, Asensio, Campoy -quinteto inciail_. También jugaron Roger, Castro, Pepe Font, Joselito, Fran Conde, Uri
Burela FS: Brais, André, Ique, Dani Martín, Clebinho _quinteto inicial_. También jugaron Purao, Víctor Cachón, Juanma, Turero, Iago Míguez.
Goles: 1-0, m.3, Erik; 1-1, m.3, Clebinho; 1-2, m.11, Turero; 1-3, m.19, Ique; 2-3, m.25, Fran Conde; 3-3, m.39, Pepe Font; 3-4, m.39, Erik
Árbitros: Galbarriatu Ramos y Mugueta Lascarro.

Exit mobile version