Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo Chao de Castro pertencente á asociación internacional Altair asentase en Burela con novas actividades

Nota de prensa

Nova oferta educativa e de lecer en Burela

Un campamento para rapaces e raparigas de entre 8 e 14 anos neste Nadal

No pasado mes de novembro comezou a súa actividade no local de Batuko Tabanka, na rúa do Río, un novo proxecto educativo para a vila de Burela: o grupo Chao de Castro, pertencente á asociación socio-cultural, educativa no tempo libre e de cooperación internacional Altair, con sede en Santiago de Compostela. A equipa de educadores, conformada por monitores con formación específica da localidade, realiza actividades todos os sábados entre 16.00 e 19.00 horas, para nenas/os e xovens de entre 8 e 14 anos e defínese como unha proposta educativa integral, de componente lúdica e solidaria, con especial atención à relación co entorno e o territorio.

A pedagoxía do proxecto e a educación en valores (compromiso, igualdade, solidariedade, comprensión, afectividade, xustiza, paz, …) son as bases pedagóxicas e ideolóxicas de Altair. Formar persoas socialmente comprometidas cun alto sentido da cooperación e a fraternidade son os seus obxectivos fundamentais. O xogo, a aventura, a procura ou descuberta, a acción e/ou intervención sobre a realidade son os elementos vertebradores da súa proposta.

Entre os días 26 e 28 de decembro terá lugar o primeiro campamento de Chao de Castro na Casa da Terra (Antas de Ulla) nun espazo privilexiado de contacto co medio e para a convivencia. Diversos xogos, actividades de natureza, excursións, veladas, e, claro, a participación nas tarefas colectivas (limpeza, cociña, etc.) serán algunhas das actividades a desenvolver. Nel estará tamén presente Elias Torres, presidente de Altair e director titulado de actividades de tempo libre, profesor da USC de que fora vicerreitor, e Sonia del Oro, monitora, profesora de imaxe e son em Vigo e secretaria xeral da asociación. O prezo é de só 45 euros (inclúe aloxamento, comidas, actividades, seguro e transporte) porque este primeiro campamento conta co apoio económico de Altair. As persoas interesadas en pertencer á Altair e asistir ao campamento, poden dirixirse ao enderezo electrónico chaodecastro.altair-burela@gmail.com ou telefonar ao 610845852 ou 685325153.
Altair foi constituída en 2010 impulsada por un grupo de cidadáns e cidadás galeg@s e apoiado exclusivamente por persoas e entidades colaboradoras.

Contribuimos na educación do tempo libre de nenos/-as e mozos/-as como instrumento de solidariedade, comprensión mutua e progreso social e cultural.

Son obxectivos principais:

promover grupos de educación no tempo libre que traballen con nenos/-as e mozos/-as na procura do seu desenvolvemento integral, procurando criar  condicións de compromiso coa mellora da calidade de vida das súas comunidades.

impulsar proxectos de cooperación con entidades que compartan os obxectivos de ALTAIR.

Propiciar por medio dunha proposta de intervención para nenos/-as e mozos/-as (de 8 a 18 anos) valores como a solidariedade, o traballo comunitario e o compromiso social.

Promocionar o voluntariado e o asociacionismo como fórmulas idóneas para desenvolver proxectos de educación no tempo libre

Proporcionar formación e habilitar a mozos e mozas como monitores/as e dirixentes de proxectos de animación sociocultural .

Accionar proxectos de intercambio e rede entre a Galiza e os países obxecto de cooperación en materia de intervención no lecer e no tempo libre.

Ten por finalidade formar técnic@s, monitor@s e equipas de Educación no Tempo Libre en diversos países (os primeiros na cidade do Mindelo, Cabo Verde: “Monte Cara Altair” e em Burela, “Chao de Castro-Altair), para a creación dunha rede relacional internacional de cooperación e intercambio; apoiamos a creación de grupos e escolas educativos e o seu desenvolvemento con dotación económica e material e asesoramento pedagóxico, tendentes á súa auto-xestión.

Máis información sobre o grupo en http://chaodecastro.wordpress.com/ e http://chaodecastro-altair-burela.blogspot.com/e sobre Altair en www.altairweb.org

Quen somos?

ALTAIR é unha Asociación Socio-cultural, de Educación nos Tempos Libres para crianzas e moz@s de entre 8 e 18 anos e de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, impulsada por un grupo de cidadáns e cidadás galeg@s e apoiado exclusivamente por persoas e entidades colaboradoras.

A pedagoxía do proxecto e a educación en valores (compromiso, solidariedade, comprensión, afectividade, xustiza, paz, …) son as bases pedagóxicas e ideolóxicas de Altair. Formar persoas socialmente comprometidas cun alto sentido da cooperación e a fraternidade son os seus obxectivos fundamentais.

Altair practica unha formación integral, de componente lúdica e solidária, con especial atención à relación co entorno e o territorio, frente á agresión aos modos de vida e ao medio nos nosos días.


Que obxectivos nos moven?

Contribuimos na educación do tempo libre de nenos/-as e mozos/-as como instrumento de solidariedade, comprensión mutua e progreso social e cultural.

Son obxectivos principais:

promover grupos de educación no tempo libre que traballen con nenos/-as e mozos/-as na procura do seu desenvolvemento integral, procurando criar  condicións de compromiso coa mellora da calidade de vida das súas comunidades.
impulsar proxectos de cooperación con entidades que compartan os obxectivos de ALTAIR.
Propiciar por medio dunha proposta de intervención para nenos/-as e mozos/-as valores como a solidariedade, o traballo comunitario e o compromiso social.
Promocionar o voluntariado e o asociacionismo como fórmulas idóneas para desenvolver proxectos de educación no tempo libre
Proporcionar formación e habilitar a mozos e mozas como monitores/as e dirixentes de proxectos de animación sociocultural .
Accionar proxectos de intercambio e rede entre a Galiza e os países obxecto de cooperación en materia de intervención no lecer e no tempo libre.

Cal é o noso FIN?

Formamos técnic@s, monitor@s e equipas de Educación no Tempo Libre en diversos países (os primeiros Cabo Verde e Galiza), para a creación dunha rede relacional internacional de cooperación e intercambio; apoiamos a creación de grupos e escolas educativos e o seu desenvolvemento con dotación económica e material e asesoramento pedagóxico, tendentes á súa auto-xestión.

Se coincides com estes obxectivos, contacta connosco e apóianos!

www.altairweb.org

Grupo Promotor

O grupo promotor está  constituído por 15 persoas con experiencia no ámbito da ETL, sobre a base dun proxecto común desenvolvido na cidade de Santiago de Compostela na década dos oitenta, cun modelo que queremos estender como instrumento de educación e cooperación internacional. Somos persoas comprometidas coa educación, profesionais de ámbitos moi diversos, tendo en común unha experiencia longa e intensa no traballo na educación para o tempo libre e unha vocación de servizo compartida.

Como o queremos facer?

Dentro da educación no tempo libre a base fundamental do noso método é a pedagoxía do proxecto entre os que destacan os seguintes trazos principais:

A educación en valores como elementos cardinais da acción educativa.
Coeducación como fórmula educativa integradora e promotora da igualdade de homes e mulleres.
Traballo en pequeno e grande grupo de idade de xeito estábel e cohesivo.
O método susténtase nun proxecto pedagóxico compartido por todos/-as, que inclúe como elementos vertebradores -segundo grupos, fases e idades- o xogo, a aventura, a procura ou descuberta, a acción e/ou intervención sobre a realidade.
Tendencia (de maneira crecente segundo as idades/grupos) para proxectarse ao e no exterior, favorecendo a toma de consciencia sobre a realidade da comunidade e a acción como opción de transformación da realidade.

Exit mobile version