Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo Scout Esvedro de Cervo achegou a Luz de Belén á Mariña

Nota de prensa

Celebración da Luz da Paz de Belén, que fixemos na Paroquia de Santa María de Lieiro. Un ano máis o Grupo Scout ESVEDRO de Cervo achegou a Luz de Belén á Mariña. O venres dia 16, compoñentes de ESVEDRO, foron recoller a LUZ de Belén a Santiago nun acto celebrado na capela de San Francisco, onde os Scouts Católicos de Galicia reuníronse nunha celebración para repartir esta luz entre os distintos grupos.
Unha vez aqui en Cervo, o pasado mércores, nunha sencilla celebración na Igrexa de Santa María de Lieiro repartiron a LUZ  entre as persoas da Unidade Pastoral. Acabou o acto cunha chocolatada e coa repartición dunhas galletas caseiras de mel (en forma de estrela de Belén) que durante os dias anteriores foron elaboradas polos rapaces do grupo scout.
Esta Luz de Belén é unha mensaxe de Paz, de Nadal ,de levar esa Luz a tantas persoas como sexa posible, unha LUZ que presidirá as celebracións familiares destes dias de Nadal . Esta LUZ é algo máis que un simple símbolo. Porque cada vez que transmitimos un pouco de alegría, cada vez que mostramos solidariedade cos nosos semellantes facemos que sexa NADAL.
Desde o Grupo Scout Esvedro, queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron posible a realización desta celebración, tan especial para nós, a todos os asistentes e máis nada que desexar  un BO NADAL e un PRÓSPERO ANO NOVO.

Exit mobile version