Site icon Crónica3.com A Mariña

O mercado de Ribadeo acolle o primeiro sorteo da campaña Presume de parceiro e de parceira

Nota de prensa

MAÑÁ CELÉBRASE NO MERCADO MUNICIPAL DE RIBADEO O PRIMEIRO SORTEO DA CAMPAÑA PRESUME DE PRACEIRO E DE PRACEIRA.

Ribadeo, 22 de decembro de 2011. Mañá venres, 23 de decembro, ás 10 da mañá terá lugar na praza de abastos de Ribadeo o sorteo da campaña Presume de praceiro e de praceira.

Trátase da primeira fase da campaña que se veu desenvolvendo desde o pasado 12 de decembro. A edil de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, lembra que “con dita campaña agasallóuse aos clientes do mercado municipal de Ribadeo cun cupón por cada compra realizada ao longos dos últimos días. Eses cupóns dánlles opción a votar ao mellor praceiro e praceira e tamén optarán aos premios de 25, 50 e 75 euros que se sortean mañá venres”. A concelleira nacionalista subliñou que “só poderán ser premiadas aquelas persoas que estean presentes no momento do sorteo”. Os agraciados recibirán os cheques que poderán empregar no propio mercado en forma de desconto nas vindeiras compras que realicen.

A segunda fase da campaña Presume de praceiro e de praceira, que organizou a Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Ribadeo, desenvolveráse do 9 ao 20 de xaneiro no mercado municipal.

Exit mobile version