Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP amosase satisfeito coa aportación de Economía e Industria á fábrica Sargadelos

Nota de prensa

“É unha boa nova para os veciños da Mariña e para o conxunto dos traballadores desta compañía de grande improtancia pola calidade do seu produto e porque representa unha das señas de identidade de Galicia”

BALSEIRO AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLO CONVENIO ASINADO ENTRE XUNTA E CERÁMICA DE SARGADELOS EN APOIO DA ACTIVIDADE DA EMPRESA E DOS SEUS TRABALLADORES

Lembra que xa adiantou que se levaría adiante este respaldo público, autorizado hoxe polo Cosello da Xunta e dotado de 354.000 euros.

Santiago, 29 de decembro de 2011.- O deputado do Partido Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, amosou a súa satisfacción despois de coñecerse que o Consello da Xunta que tivo lugar esta mañá vén de autorizar un convenio de colaboración, dotado de 354.000 euros, entre a Consellería de Economía e Industria e fábrica Sargadelos, a través do que a administración autonómica apoia a difusión da súa cerámica e a actividade expostiva desta compañía dentro e fóra da nosa comunidade.

O deputado popular salienta que esta “é unha boa nova para A Mariña, para Cervo e para o conxunto dos traballadores desta empresa que vén respalado así o seu traballo para o futuro”. Lembra tamén que Sargadelos non é simplemente un proxecto industiral al uso, senón que representa un signo de identidade da calidade e cultura galega.

Balseiro sinala finalmente que el mesmo xa adiantou nas pasadas datas que a Consellería de Insutria e o IGAPE tiñan previsto materializar este apoio, que no día de hoxe conta xa co visto e prace definitivo do Consello da Xunta. Indica tamén que desde o primeiro momento na súa condición de deputado e primeiro tentente de alcalde do Concello de Cervo interesouse por este convenio e outros apoios dirixidos a reforzar a viabilidade desta empresa e executados nos últimos anos conforme aos compromisos adquiridos pola Xunta.

Exit mobile version