Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela asegura que o novo regulamento da Escola de Música “réstalle poder aos socialistas”

O GMP afirma que os presupostos de 2012 pretenden arranxar os desaguisados do bipartito. Os populares aseguran que o novo regulamento da Escola de Música “réstalle poder aos socialistas”. Desde o GMP reiteran a vagancia do Grupo Socialista, xa que en seis meses só presentaron unha moción e uns escritos demandando documentación.

Burela, a 10 de decembro de 2011. O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela (GMP) afirmou hoxe que “os presupostos de 2012 pretender arranxar os desaguisados que deixou o bipartito burelés, pagar as débedas de máis de trescentos mil euros con Espina y Delfín, abordar unha baixada de ingresos reais que o bipartito esqueceu por importe de oitocentos mil euros, e poder aguantar os servizos básicos en materia de servizos sociais e educación”. Os populares lembran que “os presupostos de 2011 estaban inflados artificialmente para soportar gastos co obxectivo de sacar rendabilidade política”.
Ademais, o GMP afirmou que “quen prometeu por dúas veces que a Xunta bipartita investiría sete millóns de euros na ampliación do Hospital da Costa foi o anterior alcalde, entón Alfredo Llano non está lexitimado para pedir nada, porque se limitou a enganar e mentir. Pola contra, o alcalde e o PP estamos a traballar para arrancar proxectos que xa tiñan que estar en marcha: parque empresarial, ampliación da EDAR, reserva de solo para a ampliación do Hospital dentro do PXOM, etc. Eses son os proxectos que abordan o alcalde e o PP, e que outros esqueceron”.
No tocante á axuda no fogar, o Grupo Municipal do Partido Popular asegura que “o PSOE só se limita a crear malestar de forma torticeira, pero o servizo non vai menguar, senón que se manterá. Eles esquecen que tamén subiron de seis a nove euros a hora para a este servizo e agora critícannos a nós”.
O Grupo Municipal Popular considera que “o regulamento da Escola de Música dalle participación aos pais e ao profesorado da propia Escola, e réstalla ao Concello e á Banda de Música. Pero semella que escoce, e moito, dentro do PSOE. ¿Non será que se van acabando certa prebendas manilladas no seu momento polo anterior alcalde e a súa concelleira de Educación?. Por certo, o anterior alcalde, que foi director dun centro de ensino, debería saber as funcións dun director, a non ser que el mesmo fose un director figurante. Trátase de que o director da Escola de Música exerza as súas funcións e as competencias que lle son propias con total coherencia. E lembramos que este Regulamento foi aprobado por maioría absoluta polo claustro da Escola”.
Finalmente, desde o GMP “ratificamos e reiteramos punto por punto o manifestado polo noso portavoz, Manuel Fernández Valle, sobre a vagancia do Grupo Socialista. En tres plenos ordinarios só presentaron unha moción. En seis meses, só dous escritos presentados no Concello demandando documentación. E no último pleno, dous meses despois do anterior, só tres preguntas, dúas delas repetición doutras feitas polo Grupo Mixto”. Os populares pregúntanse si “¿a esto se lle pode chamar traballo? Vergoña lles debería de dar, aínda que solo fose por respecto aos seus votantes. Por certo, eles si que estiveron de folganza porque en catro anos, colocaron o cartel de pechado por vacacións nas portas dos seus despachos, ese é o exemplo que os socialistas lle dan á cidadanía, xunto co do despilfarro e descontrol do gasto dos cartos de todos os cidadáns. O que lles fastidia aos socialistas é que agora, no Concello, todos os concelleiros do equipo de goberno atendan debidamente as súas competencias, porque agora hai equipo. Antes había outra cousa, un bipartito que non se comunicaba entre sí”.

Exit mobile version