Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela afirma que o traballo do PSOE na oposición non existe e pidelles que traballen por respecto aos seus votantes

Nota de prensa

MANUEL FERNÁNDEZ VALLE ASEGURA QUE O TRABALLO DO PSOE BURELÉS NA OPOSICIÓN NON EXISTE. O PORTAVOZ DO GMP AFIRMA QUE OS SOCIALISTAS SÓ PRESENTARON UNHA MOCIÓN EN TRES PLENOS ORDINARIOS E PÍDELLES QUE TRABALLEN, AÍNDA QUE SÓ SEXA POR RESPECTO AOS SEUS VOTANTES.

Burela, 8 de decembro de 2011. O primeiro tenente de alcalde e portavoz do Grupo Municipal do PP, Manuel Fernández Valle, considera que “o traballo do PSOE burelés na oposición municipal non existe”. Ésta é a valoración que fixo Fernández Valle, á vista da actitude do Grupo Socialista no pleno do pasado luns, e tamén á luz dos outros plenos ordinarios celebrados no que vai de mandato municipal.

O edil popular afirmou que “o Grupo Socialista, que presuntamente lidera o anterior alcalde, só foi capaz de presentar unha moción para ser debatida en pleno, o que, por unha parte, pode resultar sorprendente dado que os socialistas teñen cinco concelleiros, pero por outra tampouco sorprende a ninguén tendo en conta a capacidade de traballo do anterior alcalde durante o goberno bipartito. Con todo, é para alegrarse, porque a este paso corrían o risco de acabar o ano a cero”. O voceiro do Grupo Municipal Popular explicou que “por riba presentaron unha moción que lles envían desde a dirección do partido, o que nos leva a pensar que os concelleiros socialistas de Burela están sin ideas”.

Ademais, segundo Fernández Valle, “os socialistas non preparan os plenos adecuadamente, limítanse a decir vaguedades e seguen en todo momento o discurso da que parece ser a súa auténtica portavoz, ou sexa, a única concelleira que forma parte do Grupo Mixto, dando por bon prácticamente todo o que esta señora di. En definitiva, non son capaces de presentar alternativas de goberno, cando logo de catro anos algo deberían ter aprendido”.

O portavoz popular considera que “os concelleiros socialistas están na obriga de traballar, primeiro porque teñen detrás uns votantes aos que lles deben respecto; e segundo, porque son cinco, e entre cinco algo deberían facer. Pero cando non se é capaz de trasladar unha moción tipo, das que mandan os partidos políticos a todas as súas agrupacións locais, ás circunstancias propias dun concello, pouco ou nada se pode pedir ou esperar dese grupo municipal, neste caso o socialista”.

Exit mobile version