Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que apoia o orzamento municipal que propón o goberno do concello

Nota de prensa

O PP burelés apoia os presupostos municipais para 2012.
• Afirma que “ante a baixada de ingresos, hai que garantir os servicios básicos”.
• Os populares din que “hai que arreglar a desfeita económica que deixou o bipartito”.

Burela, a 3 de decembro de 2011.- O Partido Popular de Burela manifestou hoxe a través dunha nota de prensa o seu absoluto apoio ó proxecto de presupostos elaborado polo equipo que lidera González Barcia paro o exercicio de 2012. Ó mesmo tempo, criticaron “a desfeita económica que deixou o anterior alcalde e o bipartito, que actuaron de forma totalmente irresponsable, abocando ó concello a unha situación realmente preocupante, con débedas por todos os lados, e que agora tén que solucionar o equipo de Barcia”.
Este foi o acordo unánime adoptado nunha reunión do comité local do partido celebrada o pasado xoves, día un.
Os populares consideran que “ante a baixada de ingresos para o vindeiro ano, a obriga do equipo de goberno pasa por garantir servicios básicos, eliminar aquelo que é superfluo e proceder a controlar o gasto”. Nese senso, desde o PP aseguran que “as medidas adoptadas recentemente polo equipo de Barcia están sendo, en xeral, entendidas e ben recibidas pola cidadanía, porque todo o mundo está a sufrir nas súas carnes os efectos da crise, e todo o mundo entende que hai que facer esforzos”.
Desde o PP son conscientes de que, “de momento, algúns compromisos non se poden atender, ainda que hai que lembrar que o noso é un programa de goberno para catro anos e non para seis meses”. Con todo, os populares afirman estar “satisfeitos por como se están atendendo os servicios sociais ou as competencias en materia de educación: non hai merma de servicios, senón un aumento dos mesmos”.
Os populares son conscientes de que “2012 será un ano duro para as arcas municipais, porque por riba hai que asumir ainda un montón de débeda deixada polo bipartito: facturas de luz sen pagar, a débeda con Espina y Delfín, e mesmo algunhas facturas de 2010 que tén que solucionar o equipo de González Barcia. Do que sí estamos seguros é de que agora, ó contrario do que facía o bipartito, só se gasta e se gastará o que se tén”.

Exit mobile version