Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo pide que se busquen alternativas para a cidade

Nota de prensa:

Nun contexto de crise como o que está a vivir a nosa comarca as administracións locais, dentro das súas posibilidades están obrigadas buscar disintas opcións para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños
O PP DE MONDOÑEDO INSTA O EQUIPO DE GOBERNO A QUE BUSQUE ALTERNATIVAS PARA A CIDADE

Os populares de Mondoñedo e Lourenzá vén como unha opción factible a presentación dunha candidatura conxunta para optar ás ordes de subvención da Xunta polas que se aproban os Obradoiros de Emprego.

Mondoñedo a 2 de decembro do 2011. O Partido Popular de Mondoñedo, rexistrou esta mañá unha iniciativa na que se lle insta ao Equipo de Goberno Municipal a que busque alternativas para a nosa cidade. Os populares manteñen que nun contexto de crise como o que está a vivir a nosa comarca as administracións locais, dentro das súas posibilidades están obrigadas buscar disintas opcións para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños

Entre as alternativas apuntadas polos populares está o deseño dun proxecto esbozado tras unha reunión mantida co alcalde do veciño concello de Lourenzá, Vidal Martínez-Sierra, na que valorou como unha posible opción a presentación dunha candidatura conxunta para optar poñer en marcha un obradoiro de emprego, unha vez aprobadas as ordes autonómicas que establecen estas convocatorias.

Os populares mindonienses sinalan que unha candidatura conxunta é a fórmula máis acaída e recomendada para ter maiores opcións de éxito na resolución destas convocatorias, xa que tería maior forza e podería obter unha maior valoración por parte da Xunta.

Tanto o concello de Lourenzá como o de Mondoñedo están moi afectados polas decisións de extinción de empregos que están a adoptar as empresas que operan nesta zona. Aínda que a medida apuntada desde o PP non é unha solución absoluta a esta problemática, polo menos é unha alternativa factible e ofrece unha oportunidade de emprego ante un momento de especial dificultade.

Exit mobile version