Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo reúne a máis de 300 persoas no xantar baile de Nadal no restaurante O Val de Naseiro

Nota de prensa
Acompañados pola Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo,

Raquel Árias e polos dirixentes locais

TRESCENTOS SIMPATIZANTES PARTICIPAN NO XANTAR-BAILE DE NADAL DO PP DE CERVO

O evento desenvolverase no restaurante O Val de Naseiro, o domingo 18 a partir das 14.30 horas.

Habilitarase un servizo de transporte por autobús para facilitar o desprazamento ata o restaurante que sairá ás 13.30h desde Rúa, pasando por San Román e Cervo, e ás 14.00 horas desde a Casa da Cultura de San Ciprián

Cervo, 16 de decembro de 2011.- Trescentos afiliados e simpatizantes do Partido Popular de Cervo participarán este domingo no tradicional xantar-baile de Nadal que este ano terá lugar no restaurante O Val de Naseiro, de Viveiro, a partir das 14.30 horas.

Os populares cervenses estarán acompañados no convite pola Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Raquel Árias xunto cos dirixentes locais desta formación política, entre eles o alcalde, Alfonso Villares, o secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro e o presidente do PP de Cervo, Jose Ínsua.

Desde a formación política popular explican que se habilitará un servizo de transporte por autocar para facilitar o desprazamento dos participantes no convite ata o restaurante. Un deles sairá ás 13.30 horas desde Rúa pasando polas localidades de San Román e Cervo. Ás 14.00 horas está prevista a saída tamén dun autocar desde a Casa do Mar de San Ciprián.

Exit mobile version