Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP lamenta que o acto central do bicentenario do nacemento de Pastor Díaz non se fixese en Viveiro e fose organizado na Coruña

NOTA DE PRENSA

O Partido Popular de Viveiro, lamenta que o acto central do Bicentenario do Nacemento de Pastor Díaz, non se fixese en Viveiro e fose organizado na Coruña.

O 27 de novembro representantes do grupo popular de Viveiro, acudimos a clausura da exposición celebrada con motivo dos 200 anos do nacemento de Pastor Díaz; foi un acto no que se loubou unha vez máis a figura deste grande político e escritor viveirense, asi como o incansable traballo do Seminario de Estudos Terra de Viveiro para montar esta exposición, sin o cal está claro que non se podería ter levado adiante.

Nembargantes ninguén explicou o por que de que o gran acto central desta celebración ( o traslado e posterior sesión académica da Real Academia da Lingua Galega en Viveiro ) non se levase a cabo na nosa cidade, e polo contrario que se celebrase uns días despois ( o un de decembro ) en A Coruña coa colaboración da Universidade desa cidade, privándonos asi a todos os viveirenses dun acto cultural de primeira magnitude, e que sin dúbida tería sido a guinda do pastel.

Asi o propio presidente do Seminario Terra de Viveiro informaba na Voz de Galicia, na súa edición de A Mariña do 15 de setembro de 2011, que este acto central do Bicentenario estaba pendiente do acordo entre a RAG e o Concello de Viveiro.

O certo é que o acto non se celebrou, e dende o Partido Popular de Viveiro desexaríamos saber o por que. Hai que lembrar que fai 100 anos a RAG xa veu a Viveiro coincidindo cos 100 anos do seu nacemento, pero é mais, tamén se desplazou a Viveiro no ano 1963 para conmemorar o primeiro centenario da súa morte. Isto lévanos a pensar que algo tivo que pasar entre o Concello e a RAG para non porse dacordo na celebración deste acto en Viveiro, feito que sin dúbida nos gustaría coñecer e deste xeito que se aclarasen os verdadeiros motivos polos que non se fixo no lugar máis idóneo, que sin dúbida algunha era a cidade de Pastor Díaz, a nosa cidade Viveiro.

Exit mobile version