Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP non acepta ningunha emenda do BNG e opta polo deterioro dos servizos sociais e sanitarios da Mariña

Nota de prensa:

A NEGATIVA DO PP A ACEPTAR NINGUNHA DAS EMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2012 CERTIFICA A NEGATIVA DOS POPULARES A POÑER MEDIDAS QUE EVITEN O PROGRESIVO DETERIORO ECONÓMICO E O DESMANTELAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS E SANITARIOS DA COMARCA.

O PP non aceptou emendas dos nacionalistas por 13 millóns que pretendían compensar a rebaixa no investimento publico na comarca aplicado polo goberno de Feijoo.

As prioridades do PP pasan por aprobar EREs e non por manter os servizos sanitarios, as políticas contra o desemprego, as infraestruturas pendentes ou os políticas sociais.

A Mariña, 22 de decembro de 2012. O PP confirmou no pleno de onte a negativa a afrontar a forte crise económica exercendo o seu papel como goberno mediante a aplicación de políticas sociais e económicas que contrarresten o deterioro social e económico na nosa comarca. Os dous parlamentares do PP con residencia na comarca preferiron manter as súas cadeiras no parlamento a asumir o papel que lles corresponde defendendo os intereses da nosa comarca golpeada en extremo polos efectos da crise. O BNG viu como os mais de 13 millóns de euros en emendas de substitución eran laminados polos votos dos populares que teñen como prioridade estar ao servizo das empresas amigas aprobando EREs e non por manter os servizos sociais e sanitarios ou afrontar o crecente desemprego e o desmantelamento económico da comarca.

O PP renuncia a exercer un goberno que contrarreste os golpes da crise económica e so se dedica a recortar.

O Responsábel Comarcal do BNG na Mariña, Antonio Veiga Outeiro, cualificou de desastrosos os orzamentos da Xunta para a comarca, segundo Veiga, “o PP da por boa a política da renuncia a exercer o goberno para contrarrestar os golpes da crise económica e ten como máxima o recorte dos servizos públicos e os dereitos sociais ganados a pulso que agora se están poñendo en perigo.” O nacionalista explicou que as emendas presentadas polo BNG tiñan por obxecto tratar de compensar as rebaixas no investimento da Xunta na comarca para 2012 en relación a 2011 que cuantificou en 21,8 millóns, “presentamos emendas responsábeis tendo en conta a situación económica por importe de 13 millóns e aínda así topámonos coa laminadora do PP incapaz de asumir os seus compromisos coa Mariña”.

Nin Plan de choque contra o desemprego nin mantemento das políticas sociais, sanitarias e infraestruturas pendentes.

Con estes orzamentos, non vai haber plan de emprego para a comarca nin políticas decididas a manter as infraestruturas pendentes de executar na comarca que poderían ser un impulso á creación do emprego, dixo Veiga, quen engadiu que os compromisos do PP sobre a ampliación do Hospital da Costa son unha falsidade, e o mesmo poderíamos dicir sobre a creación de centros de día, garderías, apoio ás PEMES e comercios e tantos outros compromisos explicitados polo Presidente da Xunta e os seus corifeos na comarca, José Manuel Balseiro e Enma Chao.

O PP non gasta un minuto en dar o visto bo aos EREs presentados polas empresas amigas pero faise o remolón á hora de poñer en práctica políticas que compensen crecente desemprego e o deterioro económico da comarca.

Para resolver os problemas de desemprego e o progresivo deterioro económico na Mariña non serven anuncios propagandísticos, denunciou Veiga, que criticou que o PP se negase a apoiar un Plan de emprego para a comarca como demandaba o BNG e agora pida o noso apoio a un anuncio propagandístico. O nacionalista cargou contra José Manuel Balseiro e Enma Álvarez, mais preocupados en tapar o rápido apoio da Xunta aos EREs presentados polas empresas amigas que en poñer solución aos traballadores despedidos.

Exit mobile version