Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide que a Deputación adopte un acordo da corporación de Mondoñedo sobre ECAR

Nota der prensa

José Manuel Barreiro Fernández, na súa calidade de voceiro do Grupo Provincial Popular, ó abeiro da lexislación vixente

COMPARECE E COMO MELLOR PROCEDA

EXPÓN.-

PRIMEIRO.- que na sesión plenaria celebrada hoxe, no punto 8 da orde do día recolle UNHA PROPOSTA DO GRUPO PROVINCIAL EN RELACIÓN A SITUACIÓN ECONÓMICO-LABORAL DA COMARCA DA MARIÑA

SEGUNDO.- recentemente no concello máis afectado, Mondoñedo, adoptouse por UNANIMIDADE o seguinte acordo:

1º Instar ao grupo empresarial FINSA a reconsiderar a súa decisión de pechar a factoría ECAR e a estudiar posibles alternativas para
garantír a súa continuidade e a dos postos de traballo.

2º Instar as administracións competentes a establecer negociacións co grupo empresarial FINSA co obxectivo de evitar o peche da fábrica ECAR en Mondoñedo e a garantir os seus postos de traballo

3º Instar ás administracións competentes (XUNTA DE GALICIA, DEPUTACIÓN E O ESTADO) a formular un plano de desenvolvemento industrial con apoio público para contribuir á dinamización económicada comarca e, nomeadamente, dos concellos de Mondoñedo e Lourenzá.

4º Dar traslado deste acordo aos grupos políticos con representación nas distintas institucións.

Sendo este acordo aceptado por unanimidade,

SOLICITAMOS SE ADMITA COMO ACORDO A ADOPTAR E SUSTITÚA O ACORDO EXPOSTO NA PROPOSTA DE GOBERNO

O que se lle traslada ós efectos oportunos en Lugo, a 27 de decembro de 2011.

O portavoz do Grupo Provincial do Partido Popular,

Asdo., José Manuel Barreiro Fernández.

SR. PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.

José Manuel Barreiro Fernández, na súa calidade de voceiro do Grupo Provincial Popular, ó abeiro de lexislación vixente,

COMPARECE E COMO MELLOR PROCEDA

EXPÓN.-

PRIMEIRO.- Que na sesión plenaria celebrada hoxe, no punto 7 da orde do día recolle UNHA PROPOSTA DO GRUPO PROVINCIAL EN RELACIÓN Á CONCA HIDROGRÁFICA DOS RIOS MIÑO E SIL

SEGUNDO.- Recentemente NO PARLAMENTO DE GALICIA ADOPTOUSE O SEGUINTE ACORDO UNÁNIME:

“A Deputación de Lugo, na procura de garantir o valor medioambiental e paisaxístico da conca hidrográfica do río Miño-Sil, insta ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia a facer realidade o acordo unánime acadado no Parlamento de Galicia en data 8 de febreiro de 2011, cuxo contido literal se reproduce a continuación:

«1º) Rematar a revisión do Plan Sectorial Hidroeléctrico da Bacía
Galicia-Costa e incluír tanto nese como no Plan Hidrolóxico de
Galicia-Costa os seguintes obxectivos:

Recoñecemento da sobreexplotación dos ríos.

Non outorgar novos aproveitamentos hidroeléctricos agás
repotenciacións sempre que se manteña o mesmo vaso e non se altere o caudal ecolóxico.

Desestimar os aproveitamentos hidrolóxicos suspendidos polo Decreto 555/2005.

Continuar o proceso de negociación coas compañías hidroeléctricas que teñen outorgados e non iniciados aproveitamentos co obxecto de que desistan deles.

2º) Realizar os trámites necesarios para evitar a construción das 33
novas centrais hidroeléctricas que figuran no borrador do Plan
Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, sometido actualmente ao procedemento de información pública dacordo coa lexislación vixente.

3º) Introducir no Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica
Galicia-Costa a obrigatoriedade de implantar un réxime de caudais
ecolóxicos para as concesións existentes mediante un proceso de
concertación.

4º) Implantar no novo Plan Hidrolóxico un réxime de caudais ecolóxicos mínimos, máximos e taxas de cambio tanto para situacións hidrolóxicas de seca prolongada, axustados a cada un dos ríos e sistemas de explotación que compoñen a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

5º) Non autorizar ao amparo do Plan Eólico centrais hidroeléctricas.

6º) Declarar os ríos de Galicia libres de novos aproveitamentos
hidroeléctricos agás repotenciacións sempre que se manteña o mesmo vaso e non se altere o caudal ecolóxico; para elo deberá acordar con outras administracións con competencias na materia o cumprimento deste acordo.

7º) Poñer en marcha en colaboración coas compañías hidroeléctricas que están explotando as actuais centrais en Galicia un plan de eficiencia na utilización da enerxía procedente dos aproveitamentoshidroeléctricos.

8º) Dirixirse ao goberno do Estado a fin de reclamar a xestión para a Xunta de Galicia da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e as
competencias exclusivas en toda a rede fluvial de Galicia.

9º) Dirixirse ao goberno central para articular unha política
homoxénea nesta materia en Galicia, co fin de aplicar os mesmos
obxectivos dos apartados anteriores ao seu ámbito competencial, que deberá concretarse no impulso das seguintes medidas conxuntas:

a) Aplicar as mesmas condicións restritivas para os aproveitamentos hidroeléctricos na redacción da normativa dos Plans Hidrolóxicos do Estado e de Galicia-Costa.
b) Redactar un único Plan Sectorial Hidroeléctrico de Galicia,
elaborado de forma coordinada entre as dúas administracións con
competencias na xestión dos ríos en Galicia, que recolla e concrete os aspectos sinalados nos puntos anteriores.

c) Construír unha Comisión mixta técnica e paritaria entre Augas de
Galicia e os organismos de bacía das demarcacións hidrográficas
intracomunitarias para o desenvolvemento do estipulado nos puntos
anteriores.»

Sendo este acordo aceptado por unanimidade,

SOLICITAMOS SE ADMITA COMO ACORDO A ADOPTAR E SUSTITÚA Ó ACORDO EXPOSTO NA PROPOSTA DE GOBERNO,

O que se lle traslada ós efectos oportunos en Lugo, a 27 de decembro de 2011.

O portavoz do Grupo Provincial do Partido Popular,

Asdo., José Manuel Barreiro Fernández.

SR. PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.

Exit mobile version