Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pídelle ao goberno municipal de Viveiro que cumpra os convenios coas asociacións deportivas

Nota de prensa

O Partido Popular de Viveiro esíxelle ao goberno bipartito PSOE-BNG que cumpla os convenios con todas as asociacións deportivas

O Partido Popular de Viveiro asiste unha vez mais a falta de palabra do edil de deportes Manuel Galdo, quen afirmaba en varias entrevistas concedidas a diferentes medios ( ver xornais do Progreso e a Voz de Galicia do 19 de setembro de 2011) que durante o mes de outubro liqiuidaría o importe das subvencións do 2010 que se adeudaba a diferentes entidades deportivas. Pasado o mes de novembro, e estando xa na segunda quincena de decembro, comprobamos que isto non é asi, pois ainda quedan al menos catro asociacións das trece conveniadas, que non percibiron un euro desta anualidade.

É certo que no mes de novembro se lle abonou a unha asociación deportiva 26.000 euros do convenio do 2010, feito que nos alegra moito por esa asociación, pero que leva a preguntarnos, por que a esta si e as outras non, cal foi o criterio seguido?, para que logo se nos diga que non se lle pagará a ninguén o do 2011, ata que este pagado todo o do 2010, por aquelo dos agravios comparativos. Entón nós preguntámonos, a isto como se lle chama?.

Segundo as información das que dispón o Partido Popular de Viveiro, o último que se lles di a estas asociacións pendientes de pago, e que se lle aboarán as cantidades nesta segunda semana de decembro, ainda que a algunha xa llo fiaron máis largo e indicáronlles como posible data de cobro marzo do 2012. Moito nos tememos que sexa unha nova maniobra para non cumplir co conveniado e dar largas a estas asociacións, que siguen perdendo o seu tempo e o seus esforzos en reclamar algo que se firmou de mutuo acordo e que agora ven que non se cumple.

Dos convenios do 2011, case mellor non falar, porque a data de cobro ( no caso de que o paguen ) non se ve moi cercana, e máis, neste mes terianse que ter iniciados os contactos con todas as asociacións para o convenios do 2012 e 2013 ( recordar que son bianuais ), e moito nos tememos que isto non vai ser asi.

Polo tanto o engano e a falta de sintonía entre os socios de goberno parece que continúa (a falta de entendemento para a elaboración dos presuposto é unha boa mostra ), posto que o Sr. Alcalde, responsable último desta situación non dice nin mu, deixando que sexa o Sr. Galdo quen se coma o marrón xerado pola mala xestión económica do Concello nestes últimos anos, pero do que se fixeron copartícipes no día en que asinaron o pacto de gobernabilidade, porque en definitiva dixeron si a esta dúbidosa e nefasta forma de gobernar para os intereses de todos os viveirenses.

Exit mobile version