Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE afirma que a proposta do PP para ampliar o porto de Foz non aparece nos orzamentos da Xunta nin en Portos de Galicia

Nota de prensa

REGO AFIRMA QUE A PROPOSTA DO PP PARA AMPLIACIÓN DO PORTO DE FOZ “NON APARECE NOS ORZAMENTOS DA XUNTA NIN NAS ACTUACIÓNS DE PORTOS DE GALICIA”

– O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego asegura que o PP presentou esta proposición “para paliar o nerviosismo que existe no PP de Foz, debido aos incumprimentos reiterados da Xunta sobre a ampliación do porto”

-Lamentou a actitude do Presidente de Portos de Galicia na campaña das municipais “porque foi a Foz a mentirlles aos cidadáns”

Santiago, 1 de decembro de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego defendeu hoxe na Comisión 8ª do Parlamento unha emenda sobre o Porto de Foz. Alí reclamou ao Goberno de Feijoo incorporar unha partida nos orzamentos para o ano 2012 de 1,5 millóns de euros, como primeira anualidade para a execución do macroproxecto de reordenación, dragado e ampliación do Porto de Foz, presentado e comprometido polo presidente do ente público Portos de Galicia na precampaña das pasadas eleccións municipais. A proposta foi rexeitada polo PP.

Rego denunciou que o rexeitamento desta emenda “descubre a gran mentira do macroproxecto da ampliación do Porto de Foz”, presentado polo PP en campaña electoral nas eleccións municipais. O deputado lamentou a actitude do Presidente de Portos de Galicia “porque foi a Foz a mentirlles aos cidadáns en plena campaña”.

Asegura que agora tócalle a Feijoo explicar as razóns deste enganos aos cidadáns de Foz, xa que advirte que este proxecto “non aparece nin nos orzamentos da Xunta, nin nas actuacións de Portos de Galicia”. Por iso preguntase porque o PP vota en contra de algo que comprometeu cos focenses.

Ademais cualificou a proposta do PP “coma una brindis ao sol, porque non contempla ningún presuposto, nin prazo de execución”. E insistiu nas súas criticas “a palabra Foz segue sen aparecer nos orzamentos de Feijoo”, replicou.

Asegura que o PP presentou esta proposición “para paliar o nerviosismo que existe no PP de Foz, debido aos incumprimentos reiterados da Xunta sobre a ampliación do porto”. Por ultimo afirmou “que cando os responsables políticos menten ou non asumen os seus compromisos os cidadáns suelen enxeñarlles o camiño”, espetou.

Exit mobile version