Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE cualifica as políticas do PP na Xunta de letais para A Mariña

Nota de prensa

OS SOCIALISTAS CUALIFICAN AS POLÍTICAS DO PP NA XUNTA DE LETAIS PARA A MARIÑA LUGUESA

Ismael Rego afirma que esta comarca estivo ausente dos Orzamentos da Xunta nos tres anos de goberno Feijóo

O parlamentario socialista acusa ao PP de ser cómplice da abandono do investimento da Xunta na comarca e dos conselleiros de Industria e Traballo, que só manifestaron dilixencia na aprobación dos EREs presentados ou anunciados por Mobles Hermida ou ECAR

Os socialistas propoñen un Plan de Choque que contemple a volta ao investimento público e a dinamización da iniciativa privada

Santiago, 26 de decembro de 2011. O parlamentario socialista, Ismael Rego, ven de cualificar as políticas do PP na Xunta de “letais para a Mariña Luguesa”. O deputado socialista denunciou que nos últimos tres anos esta comarca estivo “ausente dos Orzamentos da Xunta”.

Para Ismael Rego, o Goberno galego está presidido pola incompetencia e a falta de compromiso cos sectores produtivos básicos desta zona. Amosou de exemplo o non ter aceptado ningunha das emendas dos Socialistas de Galicia ós Orzamentos de 2012, deixando á Mariña “sen ningún investimento público relevante”.

Critica tamén este parlamentario as “políticas de brazos caídos” tanto dos responsables da consellería de Industria como dos da de Traballo no relativo ás crises de Mobles Hermida e de ECAR, nos concellos de Lourenzá e Mondoñedo.

Para o único que mostraron dilixencia Guerra e Mato foi, a xuízo de Rego, para a aprobación e apoio dos EREs presentados ou anunciados polas empresas.

PP CÓMPLICE

O deputado Ismael Rego considera ao PP cómplice desta situación “tan lesiva para os intereses do conxunto da cidadanía dunha das comarcas económica e socialmente máis dinámicas de Galicia”.

Para Rego, o PP “limítase a apoiar a deixación e a parálise do Goberno galego”, impedindo tamén a posibilidade de calquera tipo de iniciativa que proveña dos grupos da oposición.

DESMOTIVACIÓN DOS EMPRENDEDORES

Rego afirma que a falla de investimentos públicos por parte da Xunta na Mariña crea “desmotivación no investimento privado”.

Isto trae como consecuencia as durísimas cifras de destrución de emprego na comarca”, para as que non se atopan precedentes.

PLAN DE CHOQUE

Os socialistas reclaman con urxencia a elaboración e posta en marcha por parte do Goberno galego, en colaboración coas Entidades Locais e os axentes económicos e sociais da Mariña, un Plan de Choque para abordar a situación.

Este plan debe contemplar a volta ao investimento público e á dotación de incentivos para dinamización e apoio do investimento privado.

Exit mobile version