Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz asegura que non cre nas inicitivas do PP sobre o dragado ata que se reflicta nos orzamentos

Nota de prensa

OS SOCIALISTAS NON CREN AS INICIATIVAS DO PP SOBRE O DRAGADO DE FOZ ATA QUE AS REFLEXEN NOS ORZAMENTOS DO VINDEIRO ANO

-Denuncian a incoherencia dos populares, pois “veñen de rexeitar unha emenda do PSOE que esixía unha partida de 1,5 millóns de euros para o gradado real do porto de Foz e agora presentan eles unha nova proposta”

A Agrupación Socialista de Foz non cre as palabras do voceiro do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, cando asegura o compromiso do Presidente da Xunta de Galicia, co dragado integral do porto de Foz. Subliñan que “todo isto non deixa de ser máis que outra obra de teatro do PP no Parlamento. Presentan unha proposta ó Goberno Autonómico do Partido Popular para que inclúa unha partida para o dragado, cando saben de antemán que contan con maioría absoluta”.

Os socialistas de Foz denuncian a incoherencia do Partido Popular que “ven de rexeitar a proposta do PSOE na Comisión de Pesca, exactamente igual que fixo coa emenda socialista coa que se pretendía esixir ó Goberno de Feijóo que incorporase unha partida nos orzamentos para o 2012 de 1,5 millóns de euros para o dragado e ampliación do Porto de Foz. Días máis tarde son eles os que presentan unha iniciativa sobre o mesmo tema”.

Dende o PSOE de Foz engaden que a proposta popular “quedará no aire como tantas outras promesas. Non inclúen ningunha partida fixa, nin prazos de execución. Así, o dragado de Foz segue sen aparecer nos presupostos da Xunta de Galicia e non será realidade”.

Exit mobile version