Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz asegura que non entende o interese repentino do alcalde polos servizos sociais mentres quedou calado cando a Xunta recortou o 80%

Nota de prensa

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

O PSOE NON ENTENDE O INTERESE REPENTINO DO ALCALDE POLOS SERVIZOS SOCIAIS, CANDO A XUNTA RECORTOU UN 80% QUEDOU CALADO

-A pesares de que Castiñeira rexeitou os fondos ofertados pola Deputación, “estamos traballando para que se invirtan na construcción dunha senda peatonal na estrada Reiriz-Espiñeira, tal e como se aprobou por unanimidade no pleno”

-Esixen que o alcalde “faga o posible para que a Xunta de Galicia se acorde un pouco máis dos nosos veciños porque seguen sen destinar nin un só euro para Foz”

O voceiro da Agrupación Socialista de Foz, José María García Rivera, asegura que o alcalde, Javier Castiñeira, “busca constantemente o desencontro coa Deputación Provincial, administración que más diñeiro aportou ó Concello nos últimos catro anos”.

Ante as últimas declaracións do señor Castiñeira, os socialistas subliñan que “o noso alcalde está completamente metido na súa propia mentira. El mesmo foi quen rexeitou os fondos ofrecidos pola Deputación para a redacción do proxecto do xeriátrico, agora, estamos traballando para que ese diñeiro se invirta na construcción dunha senda peatonal na estrada Reiriz-Espiñeira, no centro urbano de Vilaronte, tal e como se aprobou por unanimidade no pleno. Pois é máis probable poder cambiar unha partida de obra noutra partida de obra, que facer o cambio de partida de obra a servizos sociais como está pretendendo. Se non se pode, non se pode”.

García Rivera afirmou que “este señor pensa que os demais somos tontos. Cando os seus compañeiros da Xunta de Galicia recortaron nun 80% os presupostos para servizos sociais, estivo calado, a maioría dos alcaldes da Mariña mostraron o seu descontento coa decisión, pero Castiñeira non dixo nin unha palabra. E agora queixase e interésase moito polos servizos sociais, non hai quen o entenda”.

O portavoz socialista lembrou ademais que “a Deputación Provincial e o seu Presidente demostraron sempre o compromiso que manteñen co concello de Foz. A pesares do señor Castiñeira, a actitude dende o ente provincial segue e seguirá sendo a mesma”. E engadiu, “esiximos que o noso alcalde faga o posible para que a Xunta de Galicia se acorde un pouco máis dos nosos veciños porque os seus compañeiros seguen sen destinar nin un só euro para Foz”.

Exit mobile version