Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE pide que o alcalde de Cervo e a Xunta non esqueza os seus compromisos cos traballadores de Sargadelos

Nota de prensa

OS SOCIALISTAS ESIXEN QUE VILLARES E A XUNTA NON ESQUEZAN O SEU COMPROMISO COS TRABALLADORES DE SARGADELOS

-Lembran que “hai un ano o Conselleiro de Economía e Industria se comprometeu a apoiar a esta empresa cun millón de euros, a día de hoxe, a súa promesa non foi executada na súa totalidade”

-A situación de Sargadelos segue sendo difícil e “pídenlle a Villares que explique a tódolos veciños qué xestións se están levando a cabo dende o Concello sobre este asunto”

CERVO, 19 DE DECEMBRO. O Grupo Municipal Socialista de Cervo solicita que o alcalde, Alfonso Villares, e o seu equipo de goberno expliquen qué xestións se están facendo por parte do Concello para o cumprimento do compromiso adquirido xa hai máis dun ano co fin de solventar e apoiar a situación difícil que estaba e segue atravesando a empresa de Sargadelos.

Os socialistas recordaron que a finais do ano pasado pedimos a celebración dun pleno extraordinario para intentar dar solución e buscar axudas para a complicada situación na que se encontraba Sargadelos e despois da nosa reclamación, “exactamente o 18 de novembro, o Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, comprometíase públicamente a apoiar a expansión comercial de Sargadelos cunha axuda dun millón de euros. Pasado máis dun ano, esta promesa non foi executada na súa totalidade”.

A situación desta empresa segue a ser difícil, aseguran que “son moitos os traballadores que así o confirman. Non podemos consentir que as promesas do PP queden no aire e non se cumplan. Por todo, o pasado venres, presentamos no rexistro do Concello unha solicitude na que pedimos ó alcalde que nos explique a nós e a tódolos veciños qué xestións se están levando adiante arredor deste asunto. Esiximos que a Xunta de Galicia non se esqueza deste problema e faga realidade o seu compromiso”

Exit mobile version