Nota de prensa
VISITA DE MANOLO CADRAMÓN Á ESCOLA BURELISTA
A base do Burela FS Pescados Rubén compartiu co invitado algúns dos fragmentos do seu libro. Manolo Cadramón convidou os rapaces a mergullarse “nunha pequena homenaxe a todas as persoas coas que compartín vestiario e equipo; podedes atopar anécdotas, estratexia e planificación deportiva”. O técnico tamén animou ao alumnado burelista a “traballar con ilusión porque todo é posible nunha traxectoria deportiva” e anunciou a súa “participación no mundial de Tailandia como segundo adestrador da Selección de Libia, xunto ao meu bo amigo Pablo Prieto”.
Manolo Cadramón clausurou a visita, con dotes de Papá Noel, agasallando as pequenas promesas do fútbol sala laranxa con exemplares dedicados do seu libro, ao que se poderá acceder, en poucos días, a través de www.futbol-tactico.com.