Site icon Crónica3.com A Mariña

O xornal Terra Cha.xa ven de sumarse a a iniciativa “Vitaminas para o galego”

Nota de prensa

As “Vitaminas para o galego” no papel e na rede

O xornal Terra Cha.xa ven de sumarse a “Vitaminas para o galego”, campaña de sensibilización impulsada conxuntamente polos medios de comunicación en lingua galega. A iniciativa pretende suliñar a importancia de contar con mass media no idioma propio de Galicia, se queremos garantir a súa transmisión interxeneracional. Co periódico da Terra Chá son xa 11 os medios en papel impreso, dixitais e radiofónicos que se suman á proposta.

Terra Cha.xa naceu en outubro do 2003 con periodicidade mensual. Imprime na actualidade 2.500 exemplares. Nun principio o xornal tiña 24 páxinas, pero dende hai máis de 2 anos conta con 32. A súa versión dixital entrou en funcionamento no verán do 2009. Recolle a información de todos os Concellos da Terra Cha e limítrofes, coa actualidde de Vilalba, Abadín, Mondoñedo, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Meira, Pol, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz, Xermade, Muras e As Pontes.

Exit mobile version