
O vindeiro día 11 de decembro a asociación de sendeirismo “Paso Miúdo” fará a ruta de Ponte Segade a Augas Caídas, polo río sor, no concello de Mañón (A Coruña). Todas aquelas persoas que desexen participar deste evento deberán apuntarse nos teléfonos: 982574741 /982575127 ou en pasomiudo@gmail.com ata o día 8 de decembro. Os prezos para esta ruta son como de costume 20 euros para socios e 25 euros para non socios. Estes prezos inclúen comida e autobús. O xantar esta vez será na pulperia “O Panadeiro” de Viveiro