Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia mellorará os accesos á praia do Penoural e fará reformas demanadadas pola confraría

Nota de prensa

PORTOS DE GALICIA MELLORARÁ OS ACCESOS Á PRAIA DO PENOURAL E ACOMETERÁ VARIAS REFORMAS DEMANDAS POLA CONFRARÍA DE PESCADORES. O INVESTIMENTO ASCENDERÁ A UNS 30.000 EUROS.

Burela, 19 de decembro de 2011. Portos de Galicia acometerá diversas melloras en Burela por importe duns 30.000 euros, segundo ven de anunciar o alcalde, José María González Barcia.

O rexedor sinalou que “o ente público Portos de Galicia vai facer uns investimentos en Burela do orde dos 25.000 ou 30.000 euros. Trátase de diversas reparacións que estaban a ser demandadas polo sector e unha actuación na praia do Penoural da que xa se falara hai cinco anos e medio ou seis, pero co paso do tempo quedou sen facer e agora nós tentamos recuperala”.

González Barcia explicou que “se vai facer un pintado interior no edificio da confraría, cubriránse as chabolas ubicadas frente á antiga lonxa, colocaráse unha grúa de 1.000 kilos para a confraría na zona dos pantaláns e faránse diversos arranxos tanto na nave de redes como na antiga lonxa”. E engadiu que “hai unha actuación da que se fala desde hai tempo que son os accesos á praia do Penoural, estáse a facer unha rampa que facilitará o acceso tanto a persoas discapacitadas como válidas, se procedeu á eliminación da maleza existente nesa zona e cabe a posibilidade de que se instale tamén unha ducha con carácter permanente para uso e disfrute dos usuarios deste areal durante o verán”. O alcalde subliñou que “aínda que esta praia non ten bandeira azul sí é moi usada pola xente para tomar o sol. Entendemos que nunca é tarde cando as cousas se fan”.

O alcalde e a concelleira de Mar e Medio Ambiente, que esta mañá visitaron a praia de Penoural, salientaron ademais que Portos de Galicia está rematando o estudio para a reordenación da dársena interior do porto burelés, que pode supoñer un importante aproveitamento do espacio portuario.

Jose María González Barcia recoñecéulle a Portos de Galicia “a celeridade que tivo para atender estas pequenas demandas do sector náutico-pesqueiro de Burela e a receptividade que tivo para acondicionar este acceso á praia do Penoural”. E lembrou que “a finais de xuño e principios de xullo levóuse a cabo a reparación do emisario submarino e do importe total da obra, que ascendeu a 30.000 euros, 20.000 euros xa foron asumidos polo ente público Augas de Galicia, os outros dez mil tenos que abonar o propio Concello”.

Exit mobile version