Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia rematou a nave con destino a varada de embarcacións en San Cibrao

Nota de prensa

PORTOS DE GALICIA INVISTE 39.000 EUROS NA MELLORA DAS INSTALACIÓNS NÁUTICO RECREATIVAS DE SAN CIBRAO

O presidente do ente público e a delegada territorial de Lugo visitaron a zona na que se instalou, ademais, un sistema de recollida de residuos oleosos

Santiago, 29 de decembro de 2011.- Portos de Galicia vén de rematar a obra de construcción dunha nave con destino a varada de embarcacións na marina seca do porto de San Cibrao, no municipio lucense de Cervo. Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita ás instalacións nas que o seu departamento investiu 39.750 euros.

Durán Hermida, que estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, lembrou que esta actuación fora unha petición do Clube Amigos do Mar de San Cibrao, que solicitara un espazo cuberto no que realizar tarefas de reparación e invernaxe das embarcacións menores. Para dar resposta ás necesidades da entidade, Portos de Galicia construiu unha nave duns 300 metros cadrado, realizada mediante unha estrutura metálica a dúas augas.

O presidente de Portos de Galicia informou, ademais, da instalación dun sistema de recollida de productos oleosos na mesma zona, a fin de canalizar estes residuos, provintes das reparacións que se efectúen na nave. Deste xeito mellóranse as medidas de prevención ambiental do porto.

Exit mobile version