Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron 300 postais ao concurso da peña barcelonista de San Miguel de Reinante

Nota de prensa

O pasado sábado 17 de decembro, celebrouse a exposición de postales de nadal coas obras recibidas no concurso organizado pola Peña Barcelonista San Miguel.
Nesta edición, a participación superou as 300 postales e o público asistente superou con creces o do ano pasado.
O xurado estivo composto por Mª del Carmen Díaz, Enrique Penabad e Antonio García. Contouse coa estimada colaboración e presenza de D. Antón Veiga, vicepresidente da Deputación.
Os gañadores nas diferentes categorías foron:
Aleix Gil García, do CEIP de Barreiros, Victor Manuel Veiga Gonçalves, do CEIP de San Miguel de Reinante, Noa Otero Palacios, do CEIP San Miguel de Reinante, Sofía Da Costa Amor, do CEIP Barreiros, Natalia García Rodriguez, que se presentaba por independente e Xavier Iriarte Álvarez, da SD Ribadeo.
Dende a peña agradecen a gran participación, tanto das escolas de San Miguel e Barreiros, que acapararon a meirande parte dos premios, como das escolas Gregorio Sanz de Ribadeo, Colegio do Pilar de Foz e os participantes que o fixeron a título persoal.
Asimesmo a Peña agradece ós seus colaboradores, pola achega de agasallos que se repartirán entre todo-los participantes, Deputación de Lugo, Gadisa, Eroski, Begano, Diario Sport, El Mundo del Pintor, La Caixa, así como ó CEIP de San Miguel, coa sua directora, Clara, ó frente, pola cesión das instalacións para face-la exposición.
Felicitar a todo-los participantes e emprazalos para a vindeira edición do concurso.

Exit mobile version