Site icon Crónica3.com A Mariña

Quero a Foz, coido Foz

QUERO A FOZ, COIDO FOZ

O eslogan e bonito, sona ben o problema é que quen o lanza non o ten asumido. Con facer unhas pegatinas, cuñas na radio, e calquera outra cousa, non e suficiente, o primeiro e que ti o creas, por que senón ocorre o que ocorre. E me explico.
Non se pode esixir a os cidadáns que fagamos isto e o outro cando día a día vemos o abandono dos responsables do concello, que fan a vista gorda a organización e limpeza do noso entorno.
Moi ben, paréceme ben obrigar a recoller a merda dos cans, multando o que nesta ocasión marca a lei. Pero estarán de acordo comigo que o que esixe o que ten quedar e exemplo.
E vou a dar exemplos que hoxe aínda están nas rúas:
¿A finca que da fronte a casa de cultura e a caixa de Galicia no medio do pobo e, de recibo tela na situación que a temos ?, sen beirarrúas, cerre roto e cheos de publicidade,trapos colgados de paus.
Na avenida da Mariña diante da farmacia hai varias semanas dúas vallas tiradas e naide se fai cargo delas.
En Alvaro Cunqueiro diante de Sante o contedor de vidro leva polo menos unha semana cheo de botellas, e veciños botando agora as botellas no contedor do lado.
En Marzán repararon unha fuga de auga na mesma beirarrúa , tapouse con area e así quedou, sigue sen rematar.
Na praia de Peizás, ¿temos outro punto limpo?, pois parece que si porque leva alí un wate, pallet e un colchón polo menos un mes.
E así etc, etc, etc….. sinales tiradas, rotas, sen pintar.
Antes de esixir temos que dar exemplo.
Arturo Gumiel

Exit mobile version