Site icon Crónica3.com A Mariña

Traballadoras do servizo de limpeza do Concello de Burela reclaman os seus salarios dende outubro á empresa Pedra Salgada

NOTA DE PRENSA 19/12/2011

As traballadoras do servizo de limpeza do Concello de Burela concéntranse para reclamar os salarios que a empresa Pedra Salgada lles adebeda dende outubro.

As traballadoras do servizo de limpeza do Concello de Burela, dependentes da empresa Pedra Salgada S.L. concentráronse hoxe por espazo de media hora na Praza do concello . O motivo é a débeda que a empresa acumula dende o mes de outubro no que só pagou metade do salario ao que hai que sumar os salarios de novembro e a extra de Nadal. Ademáis a empresa xa manifestou que tampouco vai facer fronte ao pago da nómina de decembro.

A situación é moi preocupante xa que partimos da base de que en moitos casos non son contratos a tempo completo nin grandes salarios e as hipotecas e os recibos non entenden de razóns. A época do ano na que estamos onde os gastos no fogar soen aumentar fai que o problema sexa aínda máis grave.

É por isto que ante a gravidade da situación instamos á empresa a que busque unha solución o antes posible. Asimesmo solicitamos ao Concello como responsable do servizo que interceda e busque as solucións que na medida das súas posibilidades poida implementar.

Exit mobile version