Site icon Crónica3.com A Mariña

Trasladaron o Xulgado de paz de Lourenzá a un novo local da Rúa Avelino Montero Villegas

Nota de prensa
Na mañá de hoxe, venres, 23 de decembro, deuse por rematado o traslado das dependencias do Xulgado de Paz de Lourenzá. Ata o de agora, ocupaba unha sala anexa ao Centro de Saúde, pero dende a vindeira semana, comezará a funcionar nun baixo rehabilitado nunha vivenda sita no número 25 da Rúa Avelino Montero Villegas.
O Xuíz de Paz laurentino, lembra que os horarios de atención ao público son os martes e xoves de 19:00 a 22:00 horas; e os sábados, en horario de mañá, de 11:30 a 13:30 (agás os días festivos). Por outra banda, os usuarios teñen á súa disposición o número de teléfono do mencionado xulgado, o 982 12 11 51.
Adxunto fotografía das novas dependencias (co Alcalde de Lourenzá, D. Vidal Martínez-Sierra, os concelleiros Dino Vidal e Guadalupe Flórez, e o xuíz de Paz de Lourenzá, D. José López).
Para ampliar a presente información, non dubide en poñerse en contacto co Alcalde, Vidal Martínez-Sierra, no teléfono 619 37 80 29.
Sen outro particular, reciba un cordial saúdo e os mellores desexos nestas Festas de Nadal, así como para o vindeiro ano 2012.
Exit mobile version