UN NADAL ECOLÓXICO
Traemos aquí, pois Consellos para un Nadal mais ecolóxica e solidaria por Ecoloxistas en Acción
Coa chegada do nadal chega a época do malgasto e do consumismo por excelencia. O nivel de consumo dos países do Norte, que ten como un dos seus momentos clave o nadal, está a producir unha grave deterioración na contorna e leva asociado, ademais, a explotación de seres humanos.
– Non malgastar enerxía. O consumo de electricidade supón graves problemas ambientais. Pódese facer un uso racional reducindo a compra de produtos superfluos e innecesarios para cuxa fabricación fai falta moita enerxía, ou con algo tan sinxelo como a utilización de lámpadas de baixo consumo e electrodomésticos eficientes e útiles.
Tamén é importante utilizar o transporte colectivo, co que non só se aforra enerxía senón que se evita a contaminación acústica e atmosférica.
– Antes de mercar un agasallo é importante reflexionar. É necesario reducir o nivel de consumo. A compra excesiva e a acumulación de obxectos só conduce a non valorar o que se ten e ao esgotamento dos recursos naturais.
Cando se compran xoguetes convén non esquecer que teñen que ser algo instrutivo e pedagóxico, por iso é importante non regalar xoguetes bélicos ou sexistas.
Ademais, hai certos obxectos de consumo, como os teléfonos móbiles, con efectos sobre a saúde en menores poden ser moi prexudiciais.
– Ao mercar é importante lembrar unha serie de aspectos.
É recomendable estar seguros de mercar o contido e non o envase. Hai que evitar os produtos con envoltorios excesivos ou superfluos, do mesmo xeito que rexeitar as bolsas de plástico que dan nos comercios levándoas desde casa.
A comida precociñada implica máis envasado e consumo de enerxía. Os produtos frescos, de tempada ou menos elaborados resultan máis baratos, máis saborosos e teñen menos aditivos.
É importante non esquecer que algúns alimentos intrinsecamente ligados ao nadal, como os lagostinos, están a ser criados en moitos casos nos humidais costeiros tropicais, producindo graves danos para as economías locais e para a biodiversidade.
É importante mercar nas tendas do barrio. As grandes superficies comerciais son moi dependentes dun modelo de transportes enormemente devorador de enerxía, e ademais supoñen unhas condicións laborais inxustas para moitas persoas. Hai tendas onde se poden obter produtos con garantías de que foron producidos de maneira ecolóxica e pagando un prezo digno aos produtores, son as tendas de comercio xusto.
Tamén é imprescindible non mercar peles. Nin cosméticos que usen animais para a súa experimentación.
– É imprescindible non esnaquizar, os abetos e outras pináceas convertéronse nun obxecto de consumo de usar e tirar, que vai do monte ou o viveiro ao vertedoiro. Chama a atención que haxa viveiros dedicados exclusivamente á produción de árbores que van ao lixo (ao redor de 2.000.000 ao ano), nun país erosionado e con graves riscos de desertificación
Outros adornos do Nadal supoñen tamén enormes impactos. A utilización ornamental dos acivros en Nadal conduciu a que se atopen en grave perigo de desaparición, cos graves danos que isto supón para o ecosistema no que se desenvolven. Isto mesmo ocorre co musgo, que utilizan como adorno en beléns.
Por último, a febre consumista chegou a outras especies vexetais, como os ruscos , o musgo ou o muérdago, que están a ser colleitadas de forma insustentable.
Otero Regal