Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha alfombra verde e un abeto distinguirá aos comercios de Casco Histórico de Viveiro no Nadal

Nota de prensa

Actividades que a Asociación de Comerciantes Casco Histórico de Viveiro ten previsto realizar na campaña do Nadal 2011:

– Dende o dia 16 ata o día 24 está instalada a “Casiña de Papá Noel” na Praza Maior de Viveiro, onde se reparten caramelos e postais de Nadal para que os nenos escriban a sua carta e lla entreguen a Papá Noel o dia 24.

– Nunha carpa de maiores dimensións teremos na Praza Maior as seguintes actividades:

Dia 28.- Castillo Hinchable, Minitenis e Taller de Recortar e Colorear
Dia 29.- Karts a pedais,  Futbol sala 3×3 e Taller de Globoflexia
Dia 30.- Castillo Hinchable, Hockey e Taller de maquillaxe
Dia 3.- Castillo Hinchable, Karts a pedais e Bádminton.
Durante os mesmos días haberá unha sala habilitada como sala de xogos donde poderán disfrutar dun billar, un futbolín, tenis de mesa, cartas, xadrez e Dominó.
Dia 4.- Gran sorteo na Praza Maior ás 21 horas de 300€ ó mes durante 1 ano en vales de compra e dun ordenador portatil. O sorteo estará animado por un show disco móvil.

Tódolos comercios asociados disporán dunha alfombra verde e dun abeto nas entradas dos seus locais, para darlle maior decoración e ambiente navideño ó Casco Histórico.

Exit mobile version