Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha delegación do PSOE reunirase co comité de ECAR e participará na manifestación

Nota de prensa

UNHA DELEGACIÓN DO GRUPO SOCIALISTA REUNIRASE CO COMITÉ DE ECAR E PARTICIPARÁ NA MANIFESTACIÓN CONVOCADA PARA ESTA TARDE EN MONDOÑEDO

HOXE, LUNS 5 DE DECEMBRO

MONDOÑEDO

17:00h. Casa da Cultura de Mondoñedo. Xuntanza do deputado socialista da Mariña, Ismael Rego e os portavoces de Industria, José Luis Méndez Romeu, e de Traballo, Miguel Ángel Fernández, co Comité de Empresa de Ecar.

19:30h. A delegación parlamentaria do PSdeG-PSOE participará na manifestación convocada polos traballadores, sindicatos, forzas políticas, comerciantes e Concello para evitar o peche de Ecar.

Mondoñedo, 5 de decembro de 2011. Unha delegación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, formada polo deputado da Mariña, Ismael Rego; o portavoz de Industria, José Luis Méndez Romeu; e o portavoz de Traballo, Miguel Ángel Fernández; manterán unha xuntanza de traballo co Comité de Empresa de Ecar, para abordar o anuncio de peche por parte da madeireira Finsa.

Os parlamentarios socialistas manifestarán o seu apoio ás reivindicacións da sociedade mindoniense para evitar que chegue a materializarse o anuncio da empresa. O Grupo Socialista presentará na Cámara Autonómica un conxunto de iniciativas neste senso que presentarán esta tarde na xuntanza ao Comité.

Logo da reunión os parlamentarios socialistas uniranse á mobilización convocada para as 19:30h. En apoio dos traballadores de Ecar.

Exit mobile version