Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ asegura que “a imaxe do noso pobo no que se refire ao impacto visual presenta un grave estado de abandono”

Nota de prensa

A IMAXE DE FOZ EN PERIGO
UNIFOZ, considera que a imaxe do noso pobo no que se refire ao impacto visual presenta un grave estado de abandono sendo responsable, en parte, o propio Equipo de Goberno de Foz.
Na imaxe que achegamos, pódese ver como o Sr. Alcalde, supoñemos que coa intención de publicitar a súa imaxe, sigue mantendo un cartel da campaña electoral do mes de maio do presente ano.
O exposto anteriormente é grave pola falta de coidado da imaxe do pobo, pero tamén porque supón o incumprimento da ordenanza municipal de publicidade estática, pois en estes momentos supoñemos remataría a campaña electoral, e o que fai máis grave aínda e a “PICARESCA “na forma de cómo se recortou esa imaxe intencionadamente algo difícil de entender, en un partido que quere mostrar seriedade.
Ao marxe do exposto, si facemos un percorrido polo pobo, podemos encontrar algunhas obras de construción paralizadas e cunha imaxe de abandono total. Por todo isto é polo que UNIFOZ, considera que o E. de Goberno terá que tomar medidas e encontrar solucións, pois non parece esta unha situación que se vaia a correxir por si soa a curto prazo.
UNIFOZ, é consciente das circunstancias e a situación dalgúns deses proxectos, pero considera que é urxente é necesario buscar solucións consensuadas coas constructoras como pode ser a utilización temporal como espazos públicos e en todo caso para correxir esta imaxe e ao mesmo tempo esixir se tomen as medias de seguridade oportunas ante o estado de deixadez dalgunhas obras en construción paralizadas xa fai tempo e sen rematar.

Exit mobile version