Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ e PSOE acordan que o Concello de Foz poña en marcha un Plan de Emprego

Nota de prensa

Os abaixo asinantes concelleiros do Concello de Foz e integrantes de  UNIFOZ e PSdeG-PSOE ao amparo do establecido no artigo 46.2 a) da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local , e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elixidos nas eleccións por sufraxio universal.

EXPOÑEMOS:
Que o emprego, segundo os datos publicadas nos último barómetros do CIS e a maior preocupación do veciños.
Que no Concello de Foz ao longo do presente ano son preto de 700 persoas as que se encontran en situación de desemprego, e que o futuro indica que a cifra está en claro ascenso, sendo a maioría dos desempregados/as maiores de 25 anos (+- 650 persoas), dos que máis do 50 %  son mulleres,  supoñendo estes datos preto dun 15 % sobre a poboación que se encontra en idade de incorporación ao mercado laboral.
Que a Corporación Municipal non pode ser pasiva ante esta situación, e son necesarias políticas activas de emprego para amortiguar esta situación a curto prazo, así como aplicar medidas de estímulo empresarial para atallar o problema a medio prazo.
É necesario pois a urxente  posta en marcha dun PLAN DE EMPREGO, no que se contemple varios aspectos fundamentais:
1.    Posta en marcha de actividades de formación orientadas á demanda do mercado laboral.
2.    Reorganización do funcionamento da Bolsa de Emprego Municipal.
3.    Posta en marcha dun obradoiro de emprego, para a realización de proxectos de interese municipal que xeneren riqueza para o futuro do noso pobo.
4.    Convocatoria de prazas de carácter temporal – eventual por circunstancias da produción, para reforzar servizos municipais  cunha duración determinada ao servizo a realizar. (Axuda no Fogar, xardinería, limpeza, albanel…….técnico deportivo)
5.    Posta en marcha de locais e servizos para estímulo a emprendedores, con asesoramento administrativo e xurídico.
6.    Posta en marcha de plan de emprego para xóvenes con titulación para inserción no mercado laboral mediante contrato en prácticas e convenios con empresas da comarca.
7.    Elaboración de bases de selección nas que se contemple, a antiguedade en desemprego e a situación socio –familiar.
8.    Deseño de plan de acción para estimular a instalación de novas empresas no polígono Industrial de Fazouro.
Por todo o anteriormente exposto, SOLICITAMOS A CONVOCATORIA DUN PLENO EXTRAORDINARIO, no que se inclúa como punto do orde do día o seguinte:
– Deseño, elaboración e consignación orzamentaria dun PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL onde se contemplen as medidas expostas para o ano 2012
– Constitución dunha comisión formada por representantes dos grupos políticos da corporación para deseño, elaboración e seguimento do PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL.

Exit mobile version