Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ propón que o concello de Foz solicite a Fomento a cesión dun terreo en Forxan para adicalo a lugar de esparcemento para os veciños

Nota de prensa
Moción
SR. ALCALDE.

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez

EXPÓN:

Que no barrio de Forxan, e máis concretamente onde está situado o centro Social (antiga escola), hai un terreo de 783 m 2 colindante coa estrada N 642 e co a liña de FEVE.

Que o mencionado terreo, segundo as nosas informacións foi expropiada polo Ministerio de Fomento a Ramón Maañón, así pois entendemos que é o Ministerio que ten a titularidade do mesmo en estes momentos. E polo que

Presentamos a seguinte proposta de MOCIÓN, para que a Corporación Municipal acorde:

-Solicitar do Ministerio de Fomento a cesión para o Concello de Foz do mencionado terreo, coa finalidade de acondicionalo como lugar de esparcemento para os veciños de Forxán.

Exit mobile version