Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ realiza balance de propostas presentadas e acordos plenarios executados e conclúe que o goberno do PP de Foz son seis meses perdidos

Nota de prensa

Despois de case seis meses de goberno do PP en Foz, temos que seguir calificando como SUSPENSO, e por conseguinte seis meses perdidos na xestión do noso Concello.

Sen iniciativa, sen diálogo, incumprimento da lei, abuso de autoridade, e falta de consideración cos grupos da oposición, xustifican o anterior calificativo.

UNIFOZ, quere dicirlle ao PP de Foz, e de forma máis particular ao E. Goberno que si as cousas non saen a diante nos Plenos é porque este goberno non sabe gobernar.

Gobernar é :administrar, consensuar, organizar….. e estes Srs. non o están a facer.

Adícanse a traer ao Pleno propostas das empresas concesionarias e cargarlle máis impostos aos cidadáns como si a única preocupación deste goberno fora ter máis cartos a costa de subir impostos sen máis, coa finalidade de privatizar servizos (cursos manualidades, xardinería, limpeza aceras…..).

O PP de Foz, so busca sete votos para aprobar as súas propostas, pero non quere diálogo ni consenso político.

UNIFOZ, considera que as empresas concesionarias teñen dereito a reclamar a regularización dos prezos dos servizos, pero esas peticións deberán estar contrastadas por informes técnicos municipais, e despois facer o que corresponda.

Para que quere o E.Goberno máis ingresos???

Como é posible que digan que non hai cartos no Concello e que lle preocupa pagar aos provedores e despois contrate a dedo por 43.000 € unha empresa de fora do Concello para traballos de xardinería, ou unha tamén de fora do Concello para limpar as beirarrúas mentres os traballadores do Concello están limpando a capela da Espiñeira.?

Non sería máis fácil organizar a plantilla municipal para facer eses traballos, tendo en conta que hai case 70 persoas traballando no concello dos que tres son xardineiros, por exemplo….

Como é posible que diga que non hai cartos e na organización das festas deixe un déficit estimado de 60.000 € (aínda que non o podemos saber realmente porque non nos foron entregadas as contas despois de fai máis dun mes que as pedimos).

O Concello de Foz, necesita un proxecto económico sostible económicamente e iso chamase ORZAMENTOS MUNICIPAIS, onde se contemplen máis ingresos, pero en especial CONTENCIÓN DO GASTO, aforro enerxético en edificios públicos, alumeado despois da media noite….

Uns Orzamentos, onde se recollan a modificación de taxas como a da auga, a do lixo, a dos bados…….pero tamén necesita un plan de aforro, e necesita un plan de inversión que marque unha dirección a este pobo, a onde queremos ir, no eido do comercio, turismo, e de servizos municipais….

Uns Orzamentos con consenso, e onde figure claramente o fortalecemento dos servizos para as persoas que máis o necesitan.

O Sr. Castiñeira quere un cheque en branco, quere ter máis ingresos con máis impostos aos cidadáns aínda que non teñan debidamente xustificados para ter máis crédito e gastar ao seu antoxo e para iso necesita 7 concelleiros do PP, para iso necesitaba sacar nas pasadas eleccións municipais o mesmo resultado que sacou o Sr. Rajoy en Foz, pero como iso non é posible, pois terá que gobernar con algún grupo da oposición queira ou non queira.

UNIFOZ, dixo dende o primeiro día estar en disposición de axudar a gobernar, como o demostra que en seis meses de lexislatura presentou en pleno 19 iniciativas, 19 ideas e propostas para traballar por Foz.

A postura de UNIFOZ no pasado pleno xa coñecida polo E.Goberno antes do mesmo, foi contraria a do E.Goberno nos seguintes apartados:

-Préstamo ICO de 335.000 €, pois entendemos que iso é empeñar máis o Concello (44.000 €) e entendemos que o novo goberno do PP dixo que sacaría un mellor crédito para os concellos, e temos que engadir o que di o informe de intervención:

“…esta operación de crédito ….non soluciona o problema de fondo que se manifesta nas dificultades de tesourería,….Simplemente outorga un parche de liquidez…..e que, se non se toman medidas concretas de redución e control do gasto superfluo sobre todo de natureza corrente e/ou medidas para incrementar os ingresos, non servirá de nada”

-Taxa saneamento, entendemos que hai que tentar de que a colla a Xunta igual que no Valadouro, pois é esta a que deseña e instala as depuradores, e tamén que ten que controlar o bo funcionamento, e si non se consigue,: haberá que negociar coa empresa para tentar de mellorar as condicións e que iso poda supoñer unha taxa menor para os veciños.

Prezo de auga +20%, entendemos que non están debidamente xustificados todos os argumentos, e segundo os informes técnicos, entendemos tamén que a empresa ten menos mantemento, pois a rede é case toda nova, en todo caso o lóxico podía ser aplicar ese 20% a dous anos para os veciños.

Prezo de Piscina polo Spa + 10%, entendemos que o SPA, non pode supoñer máis prezo para todos os usuarios da piscina, tería que recaer nos que utilizan o Spa, e en todo caso o informe creo non está ben feito,nin contrastado polos técnicos municipais………..

Tamén merece mención especial, a proposta que UNIFOZ fixo en defensa dos intereses dos veciños de San Acisclo, e de forma particular en contra dunha decisión unilateral do Alcalde encontra da opinión xeral dos veciños instalando unha marquesiña irregularmente.

UNIFOZ, tamén quere clarificar ante os cidadáns que UNIFOZ non é Jaime Cancio, e que unha cousa é que o Sr. Rivera e J. Cancio tiveran dificultades de entendemento no pasado, e outra é que o PSOE e UNIFOZ, podan chegar a acordos puntuais no futuro.

Un programa para Foz, preto de 1.300 votos, 16 persoas dunha lista en sentido horizontal é un G.M. formado por Ana López, Ángeles Veiga, e Jaime Cancio.,….isto todo é UNIFOZ, a as súas decisións son e serán pensando no presente e no futuro de Foz.

A este E. Goberno parece que lle queda moi grande gobernar o concello de Foz, tanto en iniciativa como en organización, pero sobre todo en CONSENSO e DIÁLOGO político, pois goberna en forma de martelo, e neste apartado, sería bo que tomara nota doutros concellos da comarca que aínda que non teñen maioría si son quen de consensuar e avanzar.

UNIFOZ, tamén anuncia, que está disposto a acudir aos tribunais en caso de que este goberno siga incumprindo o que di o ROF (R.D.2568/1986) de entregarnos a documentación solicitada en tempo e forma, ou ante o incumprimento de acordos plenarios.

PPlenos

DATA DE PLENO ACORDOS PLENARIOS REALIZADO ROGOS PRESENTADOS REALIZADO
28-Xullo-2011 Moción:Lugo-emprega Plan emprego municipal
29-Sept.-2011 Moción:proxecto cruce carretera Cangas/Ferreira Atención ciudadana viaria
29-Sept.-2011 Moción:remate obras Avd.Vicedo Aparcamento discapacitados centro de saúde si
29-Sept.-2011 Moción:reparación de camiños em Mansín,Veiga da Sara,do Pereiro ou da Fiallega Reponer duchas praia da Rapadoira si
29-Sept.-2001 Moción:mellora acceso carretera cemiterio Plan de limpeza viaria
25-Outubro-2011 Moción:beirrarúa ou arcén carretera Vilaronte/Espiñeira Aparcamento discapacitados na c.cultura,c.social e cenima
25-Outubro-2011 Moción:limpeza do cauce e entorno do Río Ouro Repoñer cartel nas Areosas(Vilaronte)
25-Outubro-2011 Moción:cambio da partida da Deputación para proxecto da residencia de maiores Tomar medidas para que haxa caudal de auga na Barrosa(Nois)
24-Novembro-2011 Moción:Instar a Xunta a realizar um plan de actuación para a Frouxeira e os Castros de Fazouro Cambiar a marquesina en S.Acisclo
24-Novembro-2011 Moción:Instar a Xunta a ampliar a partida para axuda no fogar Solicitar reunión de novo côa conselleira de sanidade
24-Novembro-2011 Moción:Instar a Xunta a fortalecer a área sanitária e dotala de mellores servizos Rogar a delegación de cultura mellor organización nos cursos
24-Novembro-2011 Moción de urxencia:Instar a Xunta para solicitar a cesión do terreo en San Acisclo para ser empregado como lugar de lecer para os veciños

PLENOS

DATA DE PLENO ACORDOS PLENARIOS REALIZADO ROGOS PRESENTADOS REALIZADO
28-Xullo-2011 Moción:Lugo-emprega Plan emprego municipal
29-Sept.-2011 Moción:proxecto cruce carretera Cangas/Ferreira Atención ciudadana viaria
29-Sept.-2011 Moción:remate obras Avd.Vicedo Aparcamento discapacitados centro de saúde si
29-Sept.-2011 Moción:reparación de camiños em Mansín,Veiga da Sara,do Pereiro ou da Fiallega Reponer duchas praia da Rapadoira si
29-Sept.-2001 Moción:mellora acceso carretera cemiterio Plan de limpeza viaria
25-Outubro-2011 Moción:beirrarúa ou arcén carretera Vilaronte/Espiñeira Aparcamento discapacitados na c.cultura,c.social e cenima
25-Outubro-2011 Moción:limpeza do cauce e entorno do Río Ouro Repoñer cartel nas Areosas(Vilaronte)
25-Outubro-2011 Moción:cambio da partida da Deputación para proxecto da residencia de maiores Tomar medidas para que haxa caudal de auga na Barrosa(Nois)
24-Novembro-2011 Moción:Instar a Xunta a realizar um plan de actuación para a Frouxeira e os Castros de Fazouro Cambiar a marquesina en S.Acisclo
24-Novembro-2011 Moción:Instar a Xunta a ampliar a partida para axuda no fogar Solicitar reunión de novo côa conselleira de sanidade
24-Novembro-2011 Moción:Instar a Xunta a fortalecer a área sanitária e dotala de mellores servizos Rogar a delegación de cultura mellor organización nos cursos
24-Novembro-2011 Moción de urxencia:Instar a Xunta para solicitar a cesión do terreo en San Acisclo para ser empregado como lugar de lecer para os veciños

ESCRITOS

DATA PREST.ESCRITO SOLICITADO REALIZADO
18-Xuño-2011 Consello escolar Municipal
24-Xuño-2011 Obras praia Pampillosa e Porto de Fazouro
24-Xuño-2011 Problemas auga en Nois
11-Xullo-2011 Camiño Vaiesta Vilaronte Si
3-Agosto-2011 Informe secretaria
28-Agosto-2011 Camiño da Pena- Nois
21-Sept.-2011 Copia rexistro Xullo-Setembro
21-Sept.-2011 Copia das contas das Festas de S.Lourenzo
25-Sept.-2011 Reparación carretera Escola de Fazouro
26-Sept.-2011 Reparción carretera dende Obispo Santo a Trasmonte
4-Outubro-2011 Limpeza Avd.da Mariña
2-Novembro-2011 Pregunta:cantos dias se fai recollida de lixo nas parroquias e qué dias?
2-Novembro-2011 1-Pista de skey,2-lugar de Bao-Sta.Cecilia,3-rúa Illa Nova organizar os contenedores,4-en Nois,lugar de Cabanas,praia  das Polas,en Candín-crta.das Polas(marquesina),5-organizar contenedores en Vilaxoane,6-parroquia de Fazouro,crta de Pardiñas,canalización de augas.
17-Novembro-2011 Cales son os motivos para que a marquesina de San Acisclo non se instale na parada do bus? Hai permiso da Xunta,como titular da estrada,para a súa instalación?

17-Novembro-2011 Solicitamos se proceda ao cambio de emprazamento da mencionada marquesiña
27-Novembro-2011 Solicitamos copia do listado maior do rexistro do Concello donde se recollen entradas e saídas de documentos do 20 de Setembro 2011 ao 27 Setembro 2011
27-Novembro-2011 Solicitamos:-Copia do proxecto de acondicionamento e mellora de espazos verdes redactado por Vanesa Iglesias.-Copia informe jurídico 11 Novembro sobre contrato de obra redactado por Vanesa Iglesias.-Copia de oferta realizada por Tecnixardín.-Copias de ofertas doutras empresas para mellora dos espazos verdes.-Copia de informe de intervención data 14 Novembro de reparos em facturas IG 10 Sports.Copia de intervención data 11 de Outubro.-Copia de intervención data 26 de outubro de reparo em nominas.-Copia de intervención datas:25 de outubro,30 de setembro,23 de agosto,6 de outubro e 13 de outubro.-Copia de notificaciónpola conselleria de médio rural,dirección xeral de desenvolvemento
Exit mobile version