Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ ve incoherentes as declaracións sobre civismo do goberno municipal de Foz

Nota de prensa

O CIVISMO TEN  QUE EMPEZAR POLO ALCALDE E O E.GOBERNO
UNIFOZ, califica como incoherente ….o anunciado na rolda de prensa polo Sr Alcalde e o seu E.Goberno sobre CIVISMO
UNIFOZ, entende que os problemas de imaxe e civismo teñen que empezar por autotratarse polo propio Concello e despois esixir aos veciños.
Falando de civismo e de incumprimento de ordenanzas, temos que empezar polo propio goberno, para non caer na incoherencia:
-O pasado 10/11/2011 con número de rexistro 6271, UNIFOZ presentou no Concello :
PREGUNTA:
Ante as numerosas queixas dos veciños do medio rural polo deficitario servizo de recollida de lixo, tanto no verán como nestes momentos.É polo que
PREGUNTAMOS:
Cantos días se fai a recollida de lixo nas parroquias?
Que días e en que parroquias se fai a recollida de lixo?
Ao día de hoxe , aínda non se nos contestou, incumprindo o ROF, e o que é máis grave tampouco se toman medidas, como o demostra a foto adxunta da zona da Espiñeira en Vilaronte.
-O pasado 04/12/2011, UNIFOZ fixo público o incumprimento de ordenanza do PP de Foz e do Propio Alcalde, por manter un cartel  da pasada campaña electoral de maio que deteriora a imaxe do noso pobo, supoñemos que coa intención de promocionar a imaxe do Sr Alcalde.
-Ao longo de toda esta lexislatura UNIFOZ, estáselle recordando ao E. Goberno o incumprimento da lei no que respecta a accesibilidade para persoas con discapacidade, e ao día de hoxe aínda non se pintaron  os estacionamentos solicitados.
UNIFOZ, tamén ten que denunciar o abandono do E.Goberno no que respecta ao mantemento de alumeado, como o demostra na situación que se encontra a rúa Xoán Montes no propio centro urbano,ou na parroquia de Vilaronte onde pasaron todo o fin de semana sen alumeando, e mesmo no lugar de Vilacendoi 5 puntos de luz que non funcionan fai máis dunha semana despois de pasar notificación, e podiamos engadir a situación na que se encontran algunha farolas na parroquia de Fazouro cos equipos colgados polos cables.

Exit mobile version