URDANGARÍN E OUTRAS HERBAS
Urdangarín, segundo estamos a observar cada minuto que pasa, parece estar até o seu propio pescozo cheo de lixo institucional contaminado. E privada tamén. Pois, á vista do que imos sabendo de fontes xudiciais e da investigación, o aínda Duque de Palma flirteaba con todos e con todas á hora de sacar proveito persoal ou colectivo supostamente en nome da Coroa. Unha Coroa á que lle saíu espiñas e moitas interrogantes. Até o extremo que, da noite para a mañá, decidiu que o pobo español saiba que fai o Rei e toda a súa corte cos 8 millóns de Euros anuais que o Estado español regálalle para os seus gastos diarios e o mantemento do pequeno xardín da Zarzuela e a súa horta de cenorias?
Ten o Rei e a súa familia patrimonio privado, da súa propiedade, tanto en España como no estranxeiro? Cantas casas e outras leiras posúe a familia real que até o día da data non coñezamos os españois nin, se cadra, o propio Goberno de España?..nin o ministerio de Economía e Facenda? Sería moi saudable e esclarecedor que a Casa Real e os seus asesores expertos en transparencia publicasen toda a verdade sen maquillaxe, sen trampa nin cartón. Pois todos somos iguais ante a lei á hora de pagar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) e outros impostos que, se cadra, repito, até hoxe non pagou Xoan Carlos e a súa familia por aquilo de: “como eu son o Rei”. ¿Paga ou non paga o Rei os impostos que paga todo cidadán de lei? Que o Rei os publique e nolo demostre.
O Rei Xoan Carlos apresurouse a apartar a Iñaki Urdangarín do contorno da Zarzuela e prohibiulle que asista a actos institucionais e que fale en nome da Coroa. Ese golpe de efecto interpretouse como un “golpe” de autoridade do monarca para pór orde no desconcerto que reinaba dentro do palacio e nos medios informativos que, dunha maneira ou outra, esixían o cesamento inmediato do que segue sendo Duque de Palma cobrando un suculento soldo sen dar un pau á auga, dos impostos que pagamos todos os españois. Agora ben: prexudica o “caso” Urdangarín á Coroa ou a España como país? ¿Quen é o “xefe da manada” para o que, presuntamente, traballaba o Duque de Palma e os seus achegados? Se Urdangarín actuaba como pantalla ou como “home de palla” dun poderoso oculto nunha máscara, bo sería que o confesase ante o xuíz dando nome e apelidos cando, como é de esperar e como é desexo de todos os españois, sexa chamado a declarar para defender a súa presunción de inocencia ou sexa declarado culpable. Caia quen caia.
Por todo isto, e outras moitas cousas eu son republicano, e espero, co sorriso nos beizos, a terceira, pois a terceira vai a vencida, di o refrán.
Otero Regal