Resulta que agora esta de moda no Hospital da Costa en Burela que en vez de darche unha cita coa data e hora, agora soamente se di : ” xa o chamaremos por teléfono”. ¡¡Pero que moda e esta!!. E claro que así non aumentan as listas de espera, pois non constan en ningures os pacientes.A auxiliar de clínica cando che di que xa o chamaran, preguntámoslle que ao menos anote o día para que leve o control e orden das chamadas, despois de tira e afloxa decide anotar a data. O que si aumentan son os nervios da xente que non sabemos cando nos van a chamar. Iso sí, aumenta tamén e cada día máis a presenza da xente na porta da “axuda ao paciente”, Seguro que a muller responsable deste servizo gaña ben o soldo soamente aguantando as moitas queixas que día a día ten.
A lista de espera baixan pero a ¿cambio de que?, Creo que,e non esaxero, que estes persoeiros que rexen as políticas, neste caso sanitarias, da nosa Galiza , non fan uso das consultas, porque se así fora, e imposible ordenar estas desfeitas.
Non se imaxinan o cabreo que ten a xente, e ao final quen paga os pratos rotos son sempre os que teñen que dar a cara todos os días, e aguantar chaparrón e máis chaparrón dos que por enfermidade teñen que acudir ao hospital da Costa.
E agora anuncian a bombo e platillo que temos o mellor sistema de análises de España. Eu prefiro ter o mellor sistema do coidado dos pacentes.
Non sei ata cando aguantaremos…..!!a paciencia e inmensa a que temos!!