Site icon Crónica3.com A Mariña

Xogadoras do Burla FS foron convocadas para a selección galega

Nota de prensa:

CONVOCATORIAS COA SELECCIÓN GALEGA

A ala laranxa Lidia Mesías volverá adestrar coa Selección Galega Sub-23 no preparatorio do Campionato de España, previsto entre o 28 de febreiro e o 4 de marzo en Segovia.

A segunda sesión do combinado realizarase o vindeiro luns, 5 de decembro, no pavillón compostelán de Sigüeiro, a partir das 18.45 horas. Participarán ademais Ana, Peque e Iria, do Cidade das Burgas; Jessica, Ana e Vanessa, do Ponte Ourense SAD; Sheila e Erika, do Valdetires Ferrol FS; Lucía, Patricia, Paula e Sheila, do Viaxes Amarelle; Carmen, Tamara e Adriana, do Leis Pontevedra FS; Eva e Ale, da Fervenza FS; e Lucía e Lara, do Combarro.

Sub-19. Tamén teñen cita coa galega os xuvenís do Burela FS Pescados Rubén Aarón Fraga e Samuel Rojo o luns (18.45 horas, pavillón santiagués de Roxos). Completan o chamamento Gonzalo Alonso, David Pazos e Mario García, do Autos Lobelle FS; Alejandro Gruñeiro, Alejandro Diz, Adrián González, Óscar Barja e Diego Núñez, do Azkar Lugo FS; Alberto Buján e Javier Mosteiro, do Melide FS; Andrés Pinilla, do IES Coruxo; Mauro Álvarez, do ADFS Bueu; e Miguel Louzao e Lucas Castro, do Cidade de Viveiro.

Exit mobile version