Site icon Crónica3.com A Mariña

¿Feliz 2012?

FELIZ 2012?

Aínda que xa llo dixeran unas cantas veces a estas alturas. Como aínda estamos empezando e podemos ter esperanzas con este bisesto, no que de novo veremos como Venus interponse por diante do disco solar (algo que non volverá pasar en máis dun século) e como a conta longa do calendario maya chega a pechar o seu último baktún, empezando un novo ciclo. Nada diso nos levará ao cabo do mundo, por suposto, por máis que nolo sigan vendendo coma se tal cousa. O certo é que seguiremos, como sempre, aínda que con novos cambios… pasa sempre. Ano a ano.

Hai pouco máis de dez anos, co medo ao fundamentalismo coáronnos un contrato de seguridade que non podiamos rexeitar, no que se recortaban liberdades persoais e co que ademais a defensa de todo o cotarro levaríaa o matón do barrio. Polo si ou polo non, asinamos. Uns anos despois, o contrato que nos prometía dispor de diñeiro e converternos en propietarios de todos os luxos do progreso, comíase a autonomía económica pero non nos importou: os estados, bancos e mercados aseguraron que todo estaba pensado por e para nós. E até se puido ver por aí unha alegría no malgasto que algúns interpretaron como progreso, aquí quedounos para a posteridade as vergoñas urbanisticas de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, San Ciprian, Xove, Viveiro e Vicedo. Por suposto, o que os compromisos internacionais nos deixaron de facer algo máis xusto co planeta estaban aí atrás para cando fixese falta sacarse unha foto de familia, e respecto da responsabilidade en xeral co futuro, sempre habería tempo. Nun certo momento, chegou a crise, asociada a unha voracidade insaciable: ademais de quedar con todo comezáronnos a esixir pagarlles máis, demostrando que o capital e os mercados son como un cocho da ceba, nunca teñen bastante, a diferencia e que o porco, matase e del unha vez ben morto aproveitase todo, do capital nin o matamos e sempre cheira a podre.

Agora co medo a que todo se afunda, recórtannos uns dereitos que, nos explican que son privilexios realmente. O medo serve tamén para convencernos de que os malos sexamos todos. E chega un novo ano e reclaman aínda máis. Así que feliz 2012, que o ano comeza e xa teñen que ir recortando e recortando.

Otero Regal

Exit mobile version