Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellaría de Cultura de Ribadeo organiza o curso “deseñamos o noso estilo” para xoves de 11 a 16 anos

Nota de prensa:

Boletín de Cultura do Concello de Ribadeo
Curso “Deseñamos o noso estilo”, para rapaces e rapazas entre 11 e 16 anos. Impartido por Héctor Peña no 1º andar da Casa da Mocidade. Martes 3 de 16.30 a 18.30 h. Hai que inscribirse no Telecentro ou chamando ao teléfono 982 120 732. Tedes que levar a prenda de roupa que queirades personalizar. REDRUM presenta Moito conto, unha obra de teatro musical (e ecolóxico)para público infantil. Con Tamara Canosa, Mónica García e Guillermo Carbajo. O mércores 4 de xaneiro ás 17.30 h no auditorio Hernán Naval. Entrada, 2 €. Cabalgata dos reis magos o día 5 a partir das 19.00 h. Xogos interculturais para nenas e nenos. No pavillón hoxe e mañá entre as 16.00 e as 18.30 h. Organizan as ong Amarante e Ecos do Sur coa colaboración da Concellaría de Servizos Sociais. Avisámosvos de que na biblioteca municipal xa hai exemplares da novela A lei das ánimas, de Carlos G. Reigosa. A reunión do club de lectura da A.C. Francisco Lanza será a finais de mes.

Exit mobile version