Nota de prensa
Algunhas destas empresas recibiron subvencións millonarias por parte da Administración, é dicir, diñeiro de todas e todos nós.
Esta situación é unha proba máis de que nesta crise os beneficios se privatizan pero as perdas se socializan. E somos as persoas que NON a provocamos, as que a estamos pagando, e por varios cauces: cos nosos postos de traballo e cos nosos impostos, que son usados para subvencionar empresas que despois deixan a xente na rúa.
Pagámola porque pagamos a nosa débeda a un 7% de interese aos bancos a quen o BCE (cos nosos impostos) lle presta a un 1%. A eses mesmos bancos aos que tamén rescatamos nós. Eses bancos que expulsan á xente das súas casas, despois de quedar con elas por un 60% do seu valor, e á que obrigan a pagar unha débeda imposible o resto das súas vidas.
Pagámola porque cos nosos impostos xa non se finanzan os servizos públicos, cunha sanidade e educación cada vez máis precarizadas, senón que se derivan a empresas privadas para que os xestionen.
E, claro está, pagámola tamén en dereitos laborais. Os EREs que están a acontecer, nos que se invoca a crise como coartada para “limpar” persoal das empresas, son unha peza máis da última reforma laboral: despidos por mera previsión de perdas, redución das indemnizacións, flexibilidade horaria, descuelgue dos convenios colectivos (modificación de salarios e horarios) e un longo etcétera, que precariza as nosas vidas cada vez máis. E isto é só un aperitivo do que está por vir.
Na Mariña e no Occidente queremos berrar que estamos fartas, que esta crise non a pagamos (máis). E convocamos a todas as persoas a facelo xuntas. Os partidos políticos e sindicatos foron invitados explícitamente a participar nesta manifestación. Igualmente, invitamos desde aquí ás asociacións e colectivos, ás veciñas e aos veciños. O domingo día 5 de febreiro, ás 12 da mañá, na Praza do Conde Santo de Lourenzá.
Asamblea 15M da Mariña lucense e Occidente asturiano.
Grupo en facebook: Asamblea ciudadana Occidente asturiano – Mariña lucense