Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños O Tesón de Ribadeo difunde as preguntas que non lle responderon no pleno do concello

Nota de Prensa

A AVV O Tesón presentou ó pasado pleno unha serie de preguntas que non foron respondidas. Se ben foron rexistradas en tempo e forma, a desculpa dada polo Alcalde para non facelo foi a falta de tempo para preparalas.

De calquera xeito, queremos deixar constancia das preguntas presentadas, que, literalmente, son as seguintes:

1.Dada a perda cultural e identitaria en curso das Terras de Ribadeo, co uso do nome da Reserva da Biosfera – Rio Eo-Oscos “y Tierras” de Burón (carteis na rotonda dos Irmandiños, Autovía, e moitos outros lugares mercede ós fondos do Ministerio de Fomento ou o de Medio Ambiente, variacións patronímicas diversas debidas á Xunta de Galicia, continuación da designación de Río de Ribambo ou Obeso en Google Maps, a noticia de que se está ‘cerca de Castropol’ ou que se vive en Ribadeo-Asturias se se usa Facebook, etc, solicitamos coñecer se existe unha política da alcaldía en relación a dito tema.

2.Tendo en conta a finalización das obras da Fábrica de Alxinatos e a súa promoción xunto co paseo, que teñamos noticia aínda ambos sen entregar, pero usados puntualmente, solicitamos coñecer o destino que se pretende ó edificio remodelado.

3.Dada a ausencia de novas sobre o estado e recuperación das vidrieiras da capela do cemiterio, solicitamos coñecer en que estado se atopa a delimitación de responsabilidades, os pasos para a súa reposición e a posibilidade de usar a Fábrica de Alxinatos ou outro lugar para facer unha exposición dos restos.

4.Despois de ter nova recente da finalización de obras para ter un campo de céspede artificial nos terreos do C.P. Gregorio Sanz por un importe abondo superior a cen mil euros, solicitamos coñecer as partidas de cartos propios ou doutras entidades, dispostas para as más necesarias obras na casa do xulgado, o comezo da residencia de maiores ou a participación do concello nas tamén necesarias obras da Torre dos Moreno.

Aclarar que con posterioridade á presentación das preguntas e antes do pleno poidemos enterarnos que a obra do Paseo das Aceas (e polo tanto a fábrica de alxinatos) foi entregada.

E tamén que, como especificaba o noso escrito, a asociación ten adiadas máis explicacións correspondentes a preguntas anteriores de cariz diverso, dende a circulación de bicicletas pola Ponte dos Santos a outras relacionadas coa Torre dos Moreno ou as catas das Grobas.

Exit mobile version