Nota de prensa:
A AULA CeMIT DO CONCELLO DE BARREIROS CELEBRARÁ 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN NO MES DE FEBREIRO
Barreiros, 27 de Xaneiro de 2012. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Barreiros celebrará 2 cursos durante o mes de Febreiro.
A Aula CeMIT de Barreiros acollerá desde o día 6 e ata o 10 de Febreiro o curso de “Alfabetización dixital: Iniciación a internet”. Con esta actividade preténdese introducir no mundo de internet a todas aquelas persoas maiores de idade que teñan un manexo básico do ordenador. O horario será de 19:00 a 20:30 horas.
Entre o 13 e o 17 de Febreiro celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Editor de textos Open Office Writer (Nivel medio)”, orientado a persoas maiores de idade que queiran saber dar formato a un documento, engadirlle imaxes, gráficos, etc… O horario será de 19:00 a 20:30 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Barreiros, sito en Ctra. da Praia, 1 (Teleclub San Cosme), chamar ao teléfono 982 124 002, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:
cemit.barreiros@xunta.es