Site icon Crónica3.com A Mariña

A biblioteca municipal de Xove organiza un concurso de caretas de Antroido

Como acto inicial do Programa de Antroido que o Concello de Xove presenta cada ano, a biblioteca municipal de Xove organiza un “Concurso de caretas de antroido” destinado a tódolos rapaces e rapazas do concello. Os traballos terán que ter como base o papel, folio, cartón, etc; as caretas non poderán superar o tamaño dun formato A4, pero se lle poderán engadir outros materiais. Haberá as seguintes categorías: preescolar (nen@s de 3, 4 e 5 anos), de 1º e 2º de Primaria, de 3º e 4º de Primaria, de 5º e 6º de primaria e de 1º a 4º de ESO. Os traballos entregaranse na biblioteca ata o sábado 4 de febreiro. Haberá tres premios por categoría, consistindo en lotes de libros/material escolar. O fallo do xurado darase a coñecer antes do 18 de febreiro, e os premios ás mellores caretas entregaranse canda os gañadores dos premios infantís do Desfile de Antroido de Xove. Con tódolos traballos realizarase unha exposición na Biblioteca Municipal.

Exit mobile version