Site icon Crónica3.com A Mariña

A cabalgata de Reis de Lourenzá percorrerá as pricpipais rúas da vila a partir das seis da tarde

Nota de prensa

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá, queremos informar da CABALGATA DE REIS, actividade que nos servirá como “broche final” para pechar a PROGRAMACIÓN INFANTIL DE NADAL 2011/12.

A mencionada programación, dera comezo o pasado venres, 23 de decembro, coa visita de Papá Noel ás instalacións do P.A.I. “Meniños”; así como ás dependencias do Concello.

Ao longo dos días 26, 28 e 30 de decembro, e 2 e 4 de xaneiro, os nenos/as puideron desfrutar das mañás vacacionais asistiendo a Obradoiros de temática navideña e xogos de interior nas dependencias da Casa da Xuventude.

Finalmente, na xornada do próximo xoves 5 de xaneiro, todo este conxunto de actividades terá o seu remate coa celebración da tradicional Cabalgata de Reis, que percorrerá as principais rúas da vila. A saída está prevista ás 18:00 horas, dende o Albergue de Peregrinos laurentino, situado na Praza da Gracia. Unha vez feito o percorrido da comitiva, as súas maxestades dirixirán unhas palabras (dende o balcón das Oficinas Municipais) aos presentes na Praza do Conde Santo; e, posteriormente, situaranse nos seus tronos, na escalinata de acceso ao Concello, onde farán entrega dun agasallo e lambetadas aos nenos que se acerquen a facerlles as últimas peticións.

Ao remate, contaremos cun espectáculo de contacontos a cargo de MANU PANFORRETEIRO, no Salón de Actos da Casa da Cultura.

Finalmente, dende a Concellería de Cultura e o propio Concello, desexamos agradecer, expresamente, a colaboración das seguintes entidades (a través da doazón de agasallos e caramelos): SOGAMA, e.on, Begasa, NovaGalicia Banco, Caixa Rural Galega e Banesto.

Exit mobile version