Site icon Crónica3.com A Mariña

A cea baile de coroación da raíña do entroido de Foz 2012 contou con 230 comensais

Nota de prensa

O sábado día 28, celebrouse a cea baile de coroación da raíña do entroido de Foz 2012.

Esta cea que bateu o seu propio récor de asistencia con 230 comensais e na que case a maioría acudiron disfrazados, deu o seu primeiro paso á celebración do entroido facego.

Na cea organizada polo concello, foi coroada como raíña do entroido 2012 a focega Alba Burundarena Otero e as súas damas de honra, Marta Veiga Alonso e Nair García Lestegás.

O acto foi dirixido pola técnico de Cultura Pilar López e presentado por Xesús do Breogán. Tanto o alcalde Javier Jorge Castiñeira como a Concelleira de Cultura Mercedes González, dirixíronse no acto ós presentes, dándolles forzas para que o entroido deste ano tamén bata o seu propio recor tanto de bo facer como de diversión.

Cabe destacar desta cea á que acudiron tódolos grupos que participan do entroido de Foz ateigados de xuventude, que foi de moita diversión na que cantaron e bailaron durante horas.

Exit mobile version