Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG e FORGA realizarán xornadas informativas sobre a acreditación de experiencia profesional

NOTA DE PRENSA

A CIG e FORGA van realizar unha serie de xornadas informativas sobre o proceso de acreditación da experiencia profesional aberto pola CONSELLERIA DE EDUCACIÓN. Este proceso vai dirixido aos traballadores e traballadoras, que teñen experiencia laboral e/ou experiencia non formal (aquela que non pode ser directamente acreditable) e non posúen certificación oficial do seu saber facer, as CUALIFICACIÓNS CONVOCADAS son as seguintes:

CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA
CICLO MEDIO INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E AUTOMÁTICAS.
CICLO MEDIO DE INSTALACIÓNS E TELECOMUNICACIÓNS.
CICLO SUPERIOR EFICENCIA ENERXÉTICA E ENERXÍA SOLAR TÉRMICA.
CICLO MEDIO SOLDADURA E CALDERERÍA.
CICLO MEDIO SOLDADURA E CALDERERÍA.
CICLO MEDIO COCIÑA E GASTRONOMÍA.
CICLO MEDIO SERVIZOS EN RESTAURACIÓN.
CICLO SUPERIOR XESTIÓN DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS.
CICLO MEDIO ACEITES DE OLIVA E VIÑOS.
CICLO MEDIO CARPINTERIA E MOBLE.
CICLO SUPERIOR DE ANÁLESE E CONTROL DE CALIDADE.
CICLO MEDIO EMERXENCIAS SANITARIAS.
CICLO MEDIO FARMACIA E PARAFARMACIA.
CICLO SUPERIOR EDUCACIÓN INFANTIL.
CICLO MEDIO CONFECCIÓN E MODA.
CICLO MEDIO ELECTROMECÁNICA DE VAHÍCULOS AUTOMÓBILES.

Estas convocatorias de acreditación profesional son de enorme importancia para aqueles e aquelas traballadoras que teñen unha ampla experiencia laboral pero que non dispoñen dunha titulación acreditada no seu sector de traballo, de aí a importancia destas xornadas.

Na comarca de Lugo – A Mariña as xornadas serán impartidas por Julia García Pena, do servizo de Orientación profesional de Forga en Lugo. As xornadas serán nas seguintes datas:

· BURELA: MERCORES 1 DE FEBREIRO DE 2012 ÁS 19:00 h. NO LOCAL DE CIG-FORGA situado na Av. Arcadio Pardiñas, 137 galerias.

Para máis información, chamar ao local de Forga Burela no teléfono 982581861.

Exit mobile version