Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión Focega en Defensa da Sanidade fai a primeira protesta de 2012 polas urxencias e contra os recortes

Nota de prensa

NOTA DA COMISIÓN FOCEGA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública convoca aos veciños/as
a asistir á primeira concentración polas urxencias e contra os recortes na
sanidade pública do ano 2012,que terá lugar o día 7 de xaneiro ás 12 da mañá na
rúa Xoan Montes,esquina Avenida da Mariña.
A Comisión anima aos veciños/as a participar neste acto reivindicativo,porque
nestes momentos é máis necesario que nunca mobilizarse para seguir
reclamando o que se nos prometeu falsamente(as urxencias),e para recuperar
os servizos que tiñamos e suprimiron, como é o caso do turno de noite da
ambulancia da Casa do Mar.Non se pode esquecer tampouco que no Centro de
Saúde levamos máis de tres meses sen que traian un sustituto para un médico
que está de baixa.Asistimos día a día a unha sucesión de recortes que afectan á
calidade da sanidade pública, que financiamos cos nosos impostos.O último
caso ,a nivel comarcal,é a derivación dos pacientes de uroloxía do hospital de
Burela ao hospital de Lugo, catro días á semana,cos conseguintes gastos de
transporte e perda de tempo para pacientes e acompañantes.Pouco a pouco,o
noso hospital comarcal está perdendo servizos e reducindo a plantilla de
personal,mentras aumentan os concertos coa sanidade privada en toda Galicia.
A xestión da ex-conselleira Pilar Farjas foi lamentable neste sentido,e aquí en
Foz aínda estamos agardando por unha solución ao problema das urxencias que
ella foi incapaz de ofrecer.Veremos que pasa coa nova conselleira de sanidade.
É importante lembrar tamén que todas as melloras conseguidas en Foz na
sanidade pública,como as urxencias pola tarde,as novas especialidades de
fisioterapia e odontoloxía e anteriormente a de pediatría,e mesmo o novo Centro
de Saúde,foron o resultado da loita dos veciños e veciñas que saíron á rúa a
reclamar un servizos sanitarios dignos para o noso concello,e mantiveron esa
presión reivindicativa durante moitos anos.
Nengún cargo público ou político pode atribuirse un mérito que corresponde ao
pobo de Foz, e moi especialmente ás persoas que participaron e seguen
participando nas distintas convocatorias en defensa da sanidade pública e contra
os recortes,sen ceder ao desánimo e servindo de exemplo de conciencia cívica ao
resto dos cidadáns.Ánimo,e a seguir.Feliz ano a todos!

Exit mobile version